San Cibrao, 27 de setembro de 2021. “Estamos outra vez en loita porque fracasaron tanto as administracións como Alcoa á hora de facer efectiva a venda da fábrica de San Cibrao. É un auténtico escándalo consentir que a última fábrica de aluminio que queda en pé no Estado español desapareza. E iso é o que están a facer entre Alcoa e o Goberno”, con estas palabras resume o delegado da CIG no comité de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, as razóns que levaron ao persoal a reactivar dende este luns a folga indefinida na planta da Mariña.
Paleo denuncia as manobras de dilación da multinacional para concretar a venda, que agora se escusa “en que quere un prezo da enerxía para a competencia, que é quen vai mercar a factoría”, para bloquear a operación. Unha petición que cualificou de “sen sentido” e que evidencia o nulo interese de Alcoa en materializar a venda, que segue deste xeito gañando tempo á espera de coñecer a decisión do Tribunal Supremo ao recurso que presentou contra a sentenza de anulación do ERE.
Pero as críticas de Paleo tamén van dirixidas aos gobernos, nomeadamente ao español, que malia os seus compromisos e boas palabras, retirou a SEPI da operación de venda “e que xa nos dixo que non ten ningunha gana de comprar e que lle daba igual o que pasara, que a SEPI non vai intervir”.
Para o representante da CIG resulta “un auténtico despropósito” que se permita que desapareza unha fábrica como a de San Cibrao -máis aínda cando está medrando a demanda do mercado internacional de metais e cando os prezos do aluminio non deixan de subir-, que os traballadores e traballadoras queden sen emprego “e que esta comarca vaia á miseria”.
Por iso, ante esta falta de solucións, e co anuncio do peche da planta de Vestas moi presente, unha das consignas que máis corearon os traballadores e as traballadoras de Alcoa na protesta que desenvolveron ás portas da fábrica coincidindo co arranque da folga foi “sen industria non hai futuro”. Reclamando ao tempo dos gobernos a inmediata a intervención da fábrica como garantía do mantemento dos empregos e da continuidade produtiva.





















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



