Lugo, 25 de outubro de 2021. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou hoxe que a Xunta investirá en 2022 case 38 millóns de euros nas estradas autonómicas de Lugo para avanzar na vertebración e no equilibrio territorial.
Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe os presupostos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a provincia, un total de 74,27 M€, dos que máis do 50% irán dedicados a conservar, mellorar e ampliar a rede autonómica de estradas.
Explicou que ese orzamento fará posible impulsar actuacións que mellorarán a seguridade viaria, fomentarán a mobilidade sostible e menos contaminante, acurtarán os tempos de viaxe e reforzarán a competitividade da provincia.
Indicou que estes presupostos se presentan nun contexto determinante, xa que a pesar de que se ven fortalecidos polos fondos europeos Next Generation, os criterios do Goberno de España impiden que se destinen a actuacións en municipios de menos de 50.000 habitantes. Así, a Xunta só pode investir os fondos europeos de reconstrución en materia de mobilidade na cidade de Lugo.
Tamén engadiu que os Orzamentos do Estado para 2022 semellan “eliminar” da planificación as autovías pendentes en Lugo e confirman que a conexión Santiago-Lugo non vai estar rematada en 2022 nin en 2023.
Contrapuxo que os Orzamentos da Xunta si demostran vontade de avanzar nas comunicacións viarias da provincia, pois vanse investir case 8 M€ en rematar o treito A Pobra-Sarria centro da autovía Nadela-Sarria, que acada o 60% de execución e estará en servizo en outono de 2022. Ademais avanzarase no resto do desdobramento ata Nadela, cuxa redacción de proxecto se licitará antes de que acabe este ano.
Salientou o compromiso autonómico de destinar máis de 25,8 M€ nesta autovía nos vindeiros 3 anos, o que demostra que esta actuación xa non ten parada nin volta atrás.
Referiuse á mellora da LU-231, do eixe Begonte-Friol-Palas, ao que se destinan 3 M€ no 2022, dentro dun compromiso global de 6 M€ ata 2024. Comezou a execución da 1ª fase e proximamente someterase a información pública o proxecto da 2ª.
Os Orzamentos tamén contemplan o compromiso de investir os case 10 M€ necesarios para completar a actuación na LU-651 en Folgoso do Courel, empezando o vindeiro ano polo treito entre Ferrería Vella e Seoane, cun investimento de 1,5 M€.
Ademais a conselleira remarcou que se avanzará no impulso do conxunto de actuacións para mellorar as comunicacións entre Ferrolterra, Ortegal e A Mariña Occidental. Desglosou 57,5 M€ para investir nos próximos anos na VAC da Costa Norte e noutras actuacións complementarias, con 7,5 M€ reservados para o vindeiro ano.
Prevese un importante impulso o vindeiro ano a unha desas actuacións complementarias, a reforma da LU-540 na Gañidoira: unhas obras fundamentais para mellorar as comunicacións da Mariña Occidental con Lugo, que suporán un investimento de 12 M€. Ethel Vázquez sinalou que este proxecto xa está redactado e en fase de supervisión técnica co obxectivo de sometelo a información pública a finais deste ano ou principios de 2022.
Ethel Vázquez apuntou que os orzamentos tamén recollen máis de 10,5 M€ a actuacións de conservación, vialidade invernal, mellora de firmes ou supresión de tramos de concentración de accidentes.
Adiantou a previsión de completar os accesos do Porto Seco de Monforte, cun investimento plurianual total de máis de 4,7 M€, pero non se poderá facer mentres o Goberno de España non desbloquee esta actuación.
Reiterou o compromiso de darlle continuidade ao Plan Paradai no caso de que o Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica de Miño-Sol desbloqueasen, por fin, o marco urbanístico e xurídico para facelo. Na cidade de Lugo, engadiu ademais as partidas para avanzar na actualización do proxecto da Rolda Leste, un traballo xa adxudicado.
Sanidade pública
Por outra parte, tamén recordou que a Axencia Galega de Infraestruturas é a responsable de executar un dos grandes proxectos da Xunta na cidade, como é o primeiro Centro Integral de Saúde, o CIS, que se está a construír no Barrio da Residencia, ao que se destinan 6,25 millóns de euros nos Orzamentos para concluír esta actuación.
Avanzou que o seu departamento impulsará unha actuación singular na cidade, que consiste na construción dunha senda para comunicar o Hospital Lucus Augusti coa cidade, en concreto coa estación de ferrocarril e a futura estación intermodal.
En relación coa estación intermodal, sinalou que se avanza un investimento de algo máis de 1 M€ coa confianza de que culmine o proceso de modificación do PXOM e avancen as negociacións con Adif e o Concello para poder empezar a materializar xa o proxecto.
Actuacións hidráulicas
No que se refire ás actuacións hidráulicas, indicou que un presuposto de 14,8 M€ permitirá reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento, depuración e abastecemento de auga.
Clarificou que os concellos de Viveiro, Foz, Burela e Monterroso serán os principais beneficiados destes investimentos, o que demostra que á Xunta lle importa máis a calidade das augas que calquera consideración política.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



