Lugo 21 de outubro de 2021. Vicepresidencia da Deputación de Lugo leva á comarca da Mariña varias propostas teatrais para esta fin de semana, dentro dos circuítos profesional e afeccionado promovidos desde a área de Cultura. Os concellos de Alfoz, O Vicedo, Barreiros e Viveiro serán os lugares onde as compañías de teatro presenten as súas funcións ao público.
O sábado 23, Hipócrita Teatro representará no Centro Sociocultural de
Alfoz, ás 20.30 horas, a obra “Pinconus” na que a música e o humor
xúntanse en escena para narrar as aventuras e desventuras dos
protagonistas. Incluída no circuíto de teatro profesional Aparte a
proposta está destinada a público de todas as idades, envolvendo ao
espectador nunha viaxe cara un lugar ao que todos queren ir, pero moi
poucos se atreven: Pínconus. Sucederanse unha serie de estratexias por parte das personaxes que interpretan Ana Carreira, Carlos Rebolo, Marga Portomeñe e Carlos Coira.
Ese mesmo día, sábado 23 de outubro, tamén dentro do circuíto Aparte,
chega ao Vicedo Trécola Producións co “Show de Barallocas”, unha
pantomima mesturada cunha coidada manipulación de obxectos para todos os públicos. Realizarase en colaboración coa Asociación de Veciños San Román do Vicedo, ás 18 horas na Casa da Cultura, baixo a dirección de Isabel Rey e Marcelino de Santiago. Gasas, cintas, cordas, fíos… calquera elemento cotiá colle vida cando se cruza no camiño do estrambótico protagonista deste show.
Por último, o domingo 24 de outubro Ubú Teatro levará “O vixiante dos
soños” ao Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros ás 12:30 horas.
Esta obra con monicreques para público familiar a partir dos 3 anos
captará a mirada dos máis pequenos e pequenas a través da historia de
Sonólicus e a súa intención de chegar ata a lúa.
Teatro afeccionado en Viveiro
O sábado 23 de outubro o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a obra “Casting”, de Hipócrita Teatro ás 19 horas, unha peza que forma parte do circuíto de teatro afeccionado. Esta comedia está protagonizada por personaxes que representan algúns dos estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Hollywood. Dirixida por Elea López, caricaturiza a través do humor estes prototipos instalados no imaxinario colectivo de varias xeracións.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



