Mondoñedo, 21 de outubro de 2021. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 29 ao 31 de outubro e do 12 ao 14 de novembro.
O sábado 30 de outubro recalarán en Mondoñedo cun percorrido polo barrio artesán por excelencia, o dos Muíños, con visita este ano aos monicreques de Ton Arenas, ao obradoiro de lá La Botica del Abuelo e ao centro histórico da cidade coa Audioguía Ficcionada Mondoñedo e Familia. O pasado ano os participantes tiveran a oportunidade de visitar o alfar da man de Esquina Atlántica, ao canteiro Fernando Vilariño e de facer unha visita guiada polo centro histórico con Claudia del Pino, guía oficial de Galicia.
Esta iniciativa consiste nunhas xornadas con actividades gratuítas para os participantes que se organizan por terceiro ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense e que teñen por finalidade dar a coñecer este proxecto. As Rutas de Artesanía son itinerarios turísticos nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e desfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se sitúan e da súa contorna próxima. Así os visitantes poden realizar as Rutas de Artesanía de forma autónoma guiándose pola recomendacións facilitadas na web da Mancomunidade e na guía das Rutas de Artesanía.
As III Xornadas de Portas Abertas discorrerán por parte dos 6 itinerarios turísticos propostos que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, están destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral e inauguraranse o 29 de outubro na Pontenova coa visita ao taller de Rodil, ferreiro participante deste municipio, cunha visita guiada da man do técnico de turismo municipal Carlos Morado.
As Xornadas de Portas Abertas continuarán durante os días 30 e 31 de outubro, 12, 13 e 14 de novembro en Mondoñedo, Viveiro, Burela, Cervo e Foz.
O día 30 deste mes será a quenda de Mondoñedo, cun percorrido polo barrio artesán por excelencia, o dos Muíños, con visita este ano aos monicreques de Ton Arenas, ao obradoiro de lá La Botica del Abuelo e ao centro histórico da cidade coa Audioguía Ficcionada Mondoñedo e Familia. O domingo a iniciativa chegará a Viveiro coa visita ao ceramista Otero Regal e á exposición permanente antesala dun museo no casco histórico de Viveiro.
O 12 de novembro a iniciativa seguirá en Burela coas redeiras Cabo Burela, colectivo que mantén vivo este tradicional oficio, e a visita ao Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, antigo boniteiro que o Concello recuperou para convertelo nun espazo de recuperación da cultura mariñeira e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito. O día 13 as Xornadas de Portas Abertas chegarán a Cervo coa visita ao estaleiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra, con mais de 200 anos de historia, e ao Museo Provincial do Mar. As xornadas rematarán o 14 de novembro en Foz coa visita ao artesá e artista plástico Daniel Caxigueiro e ao seu espectacular xardín botánico, un percorrido pola Basílica de San Martiño de Mondoñedo ou pola fervenza de Santo Estevo do Ermo en Barreiros no caso de que non sexa posible a visita á primeira. Todas as visitas correrán a cargo de Noela Feal, que é guía oficial de Galicia e artesá.
As actividades son gratuítas e inclúen a visita a un ou dous obradoiros e ás propostas complementarias. Para participar é preciso reservar en turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 636.737.608, xa que as prazas son limitadas. É posible atopar mais información en amarinalucense.gal na sección Rutas de Artesanía. Igualmente aqueles artesáns do territorio que estean interesados en participar no proxecto pódense poñer en contacto a través do correo electrónico ou teléfono anteriormente citados.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



