Ribadeo, 6 de outubro, 2021. Nas últimas semanas a Asociación Vecinal «Polo noso Faro» dirixiuse a diferentes entidades: Defensor do Pobo, Concello de Ribadeo, Autoridade Portuaria. Nun principio, o obxectivo era obter información sobre a sixilosa apertura dunha cafetería en Illa Pancha, e pedir explicacións ante as aparentes irregularidades en relación á súa instalación e posta en marcha, así como ao acceso á illa en horario hostaleiro.
No momento de redactar este escrito cúmprense 40 días dende que nos diriximos ao Concello de Ribadeo, vía a súa sede electrónica, para preguntar se a cafetería contaba con licenza de actividade, se na devandita licenza figuraban as condicións de acceso, se estas condicións concordaban coa Lei de Costas (que non sinala limitación horaria), se as obras e engadidos varios se axustaban ao proxecto, e se se tiña en conta o impacto medioambiental derivado da actividade, entre outras cuestións. Pois ben, 40 días despois non obtivemos resposta algunha.
Isto non é algo novo, o correo precedente que dirixiramos ao Concello fai máis de 9 meses preguntando polas palas mecánicas que revolvían a terra na illa Pancha tamén se quedou sen resposta.
Pero iso non é todo: o pasado 27 de setembro recibimos un correo do Defensor do Pobo. Nel comunicábanos que polo momento non se pode tramitar a demanda que lle diriximos xa que o Concello de Ribadeo non lle enviou a información que requirida por esta entidade, e por iso «ante a tardanza en recibir a información que esta institución solicitou ao Concello de Ribadeo, infórmaselle de que con esta mesma data solicitouse a súa remisión urxente».
En consecuencia, ante o que parece unha estratexia de silencio total, a asociación «Por nuestro Faro» dirixirase nos próximos días ao Valedor do Pobo (institución que trata en Galicia as queixas relacionadas co incumplimiento da Lei de Transparencia) para denunciar a actitude do Concello de Ribadeo.
Á marxe, como asociación de veciños, queremos deixar constancia do noso sentimento de desarraigo e marxinalización social ante este proceder por parte do Concello de Ribadeo, exercido cada vez de forma máis desacomplexada, e iso malia os formalismos administrativos e publicitarios utilizados para maquillalo. Recordemos que a petición na sede electrónica do Concello fíxose a través da tramitación denominada «Transparencia» e do procedemento chamado «Solicitude de Acceso á Información Pública polos Cidadáns». E isto non deixa de ser absolutamente irónico, así como o feito de que unha gran parte dos posts publicados no perfil facebook do Señor alcalde, cuxa coidadosa selección temática é evidente, comecen pola palabra «Informando».





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



