Unha obra orientada a público infantil. A hora de comezo será ás 18h.

Xoves, 7 de decembro:elaboración do Belén de Plastilina, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, e ás 18:00 horas na Casa do Concello. Venres, 8 de decembro: ás 17:30 horas, "Cirkote, espectáculo de malabares" nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración de Airiños do Xunco. Pola tarde, ás 19:00 horas, inauguración da mostra fotográfica "Azores Somerxida" obra de Anxo Cao no auditorio da Casa da Cultura, cunha charla do propio autor na que explicará o transfondo desta exposición froito de moitos meses de traballo no mar nas Illas Azores. Sábado, 9 de decembro: ás 19:00 horas, "Contos de Contrabando" de Avelino González, no auditorio da Casa da Cultura.
Chámase Ohana e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense. Os propietarios deste establecemento, a parella formada por Octavio Florencio Marques e Nadia Álvarez García, chegaron a Ribadeo procedentes de Andorra. Ohana está no centro histórico, concretamente no número 1 da rúa Villafranca del Bierzo, que fai esquina coa rúa San Francisco.
Nun comunicado dirixido aos traballadores, a multinacional argumenta a decisión nunha complexa situación financieira.
Pechará o sábado, día 9, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu este sábado ao encontro da 1ª División de Fútbol Sala Feminino entre o equipo lucense Pescados Rubén FS contra o AE Les Corts UBAE.
Este 2 de decembro, como todos os sábados primeiros de mes, reclamaron unha vez máis unhas pensións dignas.
O alcalde, Dani Vega, dirixiulle á veciñanza congregada no parque de San Francisco para desexarlles unhas boas festas. Despois visitou o Mercado do Nadal instalado na contorna da Praza de Abastos. Fíxoo acompañado das concelleiras e concelleiros do equipo de goberno Montse Seijo, Elena Sierra, Francisco José Silvent e Diego dos Santos. E a continuación foi inaugurado o photocall de Acisa Ribadeo na rúa Rodríguez Murias. Neste percorrido tamén participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Asistiu tamén ao acto de acendido do alumeado de Nadal o presidente da comisión de festas de Ribadeo, Gonzalo Lebredo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital