Ribadeo, 30 de outubro de 2021. Daniel Vega vén de ser elixido presidente do Partido Popular de Ribadeo co 100% dos votos. O popular asume así a dirección do partido, na que estará acompañado de Begoña Sanjurjo na secretaría Xeral e por Montse Seijo na de vicesecretaría de Organización.
Visiblemente emocionado, Daniel Vega agradeceu o apoio masivo da afiliación, á que agarda compensar, dixo, “cun intenso traballo que se traduza nun bo resultado para o meu partido en 2023”. Neste senso, proponse, en primeiro lugar, “ser opción de goberno para ser goberno, e isto pasa por traballar e liderar inversión, e non por un goberno que só pensa na autofoto”, indicou.
Dentro dos obxectivos que se marca como presidente son, en segundo lugar, abrir o partido a toda a sociedade ribadense, co fin de “ir sumando cada vez máis persoas ao proxecto que me honra liderar”. E, en terceiro lugar, asumiu diante os asistentes o seu compromiso de “seguir traballando para traer novos investimentos a Ribadeo”. A este respecto, contrapuxo o traballo do goberno local, “que se traduce en tan só 375.000 euros de xestión nos últimos dous anos, fronte aos 2,5 millóns que xestionou o grupo municipal popular coa Xunta de Galicia”.
Vega fixo especial fincapé no apoio decidido da administración autonómica “e que dende o PP temos un especial empeño en trasladar a veciños, empresarios, colectivos entidades sociais…”. Como exemplos, citou o acondicionamento da estrada de Reme a Villamar (800.000 euros), as melloras na estación de autobuses (140.000 euros), a escola infantil na que se investiron 75.000 euros, ou o 1 millón de euros no colexio público. Por tanto, dixo, “iso do botafumeiro non se sostén, porque o botafumeiro bota fume, pero isto é xestión e traballo”, remarcou. Vega tamén fixo referencia aos ciclos de FP implantados na localidade, e tamén no futuro centro de saúde que se contribuirá na vila, no marco dos orzamentos autonómicos de 2022.
“Temos gañas de seguir traballando e de seguir impulsando Ribadeo. Pasemos dun goberno de sesta permanente a un goberno activo”, concluíu, ao tempo que agradeceu o traballo de todas aquelas persoas que no pasado tamén estiveron á fronte da formación. “Non somos nada sen o seu traballo”, afirmou.
Arroupado pola dirección provincial e autonómica
Daniel Vega estivo arroupado pola presidenta e o vicepresidente do Partido a nivel provincial, Elena Candia e Francisco Conde, respectivamente; ademais de polo secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado; así como por outros cargos orgánicos a nivel provincial e con ampla representación nas institucións. Foi o caso do secretario Xeral, Javier Nodal; do de Organización, Javier Vázquez Prado ; do coordinador Xeral, José Manuel Balseiro ; e de deputados e outros membros do Partido Popular da provincia .
A máxima dirixente na provincia felicitou a Vega e ao seu equipo, depositando neles “a confianza absoluta da dirección provincial para que Ribadeo volva a ter un goberno do Partido Popular”. Este cambio, dixo Elena Candia, “comeza neste preciso momento e ten que verse recompensado nas urnas dentro de ano e medio”. Para elo, Candia púxose a disposición da agrupación local, indicando “que somos máis necesarios ca nunca”. “Levamos no ADN do Partido o traballo nas distancias cortas e iso é que nos deu o 50% dos votos nas autonómicas, ou que teñamos 12 deputados na Deputación, 9 no Parlamento, 2 no Congreso e 4 senadores. Somos un exército imparable para traballar por esta provincia”, destacou.
Elena Candia engadiu: “Temos que ser capaces de incrementar o 19% nas locais para equiparar o resultado das autonómicas para cambiar o rumbo de Ribadeo”. “Quizais este Concello sexa dos poucos que non deu nin un só euro para impulsar a reactivación e só basea a súa actuación en confrontar coa Xunta de Galicia. Deste congreso saímos reforzados e unidos, e facémolo cun líder que é moi constante no seu traballo e reivindicativo”, afirmou.
Loitar para que se siga producindo aluminio na Mariña
A popular manifestou a importancia do cambio precisa Ribadeo, pois “tdos sabemos, ademais, como está a Mariña; todos sabemos que o Goberno, por certo apoiado polos compañeiros do Sr. Suárez, o que fai é dar as costas a Alcoa, a Vestas e, mentras, a nosa comarca polo único que é noticia a nivel nacional é pola destrución de emprego”. Neste senso, defendeu: “temos que seguir loitando para que se siga producindo aluminio na Mariña, pero tamén temos a obriga de dicir a verdade: hai uns meses, un partido que é o que sustenta o goberno deste concello, sacábase unha foto prometendo un acordo no que ía a solución de Alcoa, pero nin o acordo se cumpriu, nin se moveu nin un só dedo e continuamos cun prezo da enerxía inasumible”, sentenciou Candia.
Equipo ao completo
Ademais do cargos propios da dirección, Vega crea varias vicesecretarías que serán claves no traballo da agrupación municipal de cara a conseguir o obxectivo de chegar á alcaldía en 2023. Trátase da de Comunicación, que ocupa Elena Sierra -esta concelleira será tamén a voceira da formación popular; a de Mobilización, que dirixirá Marta Saenz, e a de Acción Electoral, que desempeñará o o ex cargo directivo de Maphre, Manuel Álvarez.
Ademais crea as seguintes secretarías sectoriais: Desenvolvemento Local, que integra Economía e Emprego, Manuel Silveira; Igualdade e Mocidade, Vanesa García López; Medio Rural e Medio Ambiente, María Espiñeira Guitiérrez; Educación e Cultura, Cristina Lorenzo Fernández; Turismo, Juan López; Deportes, Tito Suárez.
O presidente engadiu, ademais, que no comité executivo tamén estarán integrados todos os representantes do rural e a lista electoral.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



