Lugo, 21 de outubro de 2021. A Deputación de Lugo iniciou este mércores os traballos de mellora do firme da LU-P-6602 que une Bravos con San Pantaleón, no concello de Ourol. A institución provincial inviste preto de 95.500€ na rehabilitación da pavimentación de boa parte do trazado desta vía, entre os puntos quilométricos 0,630 e 7,950, o que aumentará a seguridade e a comodidade dos usuarios e usuarias.
Trátase dunha actuación importante, posto que esta estrada dá servizo a varias parroquias e é a vía que utiliza a veciñanza e os visitantes para acudir á igrexa de San Pantaleón de Cabanas. Uns traballos que complementan os realizados o mes pasado pola institución noutras catro estradas provinciais que articulan este concello. Actuacións nas que a Deputación invistiu preto de 300.000€ para a mellora de diferentes tramos da LU-P-6602, da LU-P-3805, da LU-P-3807 e da LU-P-6406.
A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente, eido no que decidiu aumentar as partidas nun 14%, ata acadar os 16M€, no Orzamento deste ano. José Tomé subliña que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.