Viveiro, 18 de outubro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, efectuou este mediodía unha visita ao novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social que vén de entrar en servizo en Viveiro onde comprobou o funcionamento deste novo equipamento. Na visita estivo acompañada polo director provincial da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, e pola alcaldesa, María Loureiro.
Rodríguez expresou a súa satisfacción pola entrada en servizo da nova oficina da Seguridade Social, da que sinalou que “Viveiro conta, por fin, coas instalacións que merecen os veciños e veciñas dos concellos desta zona da Mariña que fan uso dos servizos da Seguridade Social e polas que tanto tempo tivemos que agardar”.
“Teño a satisfacción de ver cumprido un compromiso que asumín cando cheguei ao cargo, penso que era unha débeda histórica contraída con Viveiro e a comarca que este Goberno saldou, porque somos un Goberno que cumpre”, destacou a subdelegada.
Para Rodríguez, co novo edificio da Seguridade Social “Viveiro gaña un magnífico equipamento e os cidadáns serán atendidos aquí con máis comodidade”.
Ademais, subdelegada agradeceu “a gran implicación do director provincial da Seguridade Social, que foi quen de desatascar este proxecto igual que está a impulsar, no sur da provincia, o proxecto para rehabilitar o CAISS de Monforte de Lemos”.
ATENCIÓN A NOVE CONCELLOS
A nova sede da Seguridade Social de Viveiro, situada na avenida de Ramón Canosa, número 8 entrou en servizo o venres, día 15, unha vez que foi equipado o novo edificio, no que se dá servizo a unha poboación potencial de máis de 39.000 veciños dos concellos de Viveiro, O Vicedo. Xove, Cervo, Burela, O Valadouro, Ourol, Muras e Mañón.
O Goberno investiu 844.325 euros na execución das obras que remataron a principios do verán.
O CAISS de Viveiro atendeu no ano 2019 a 12.018 cidadáns, o que supón un 11% das persoas atendidas en toda a provincia de Lugo. No exercicio de 2020 prestou servioz a a 5.448 usuarios.
PROXECTO MOI ESPERADO
O novo CAISS de Viveiro é un proxecto moi esperado que, despois de moitas promesas incumpridas, desbloqueou o Goberno de Pedro Sánchez.
A proposta inicial de cesión ao Estado da leira na que foi edificado o inmoble, que era unha concesión de Costas ao Concello por 30 anos, acordouse nun pleno de 1997 e a reserva da parcela a favor do Ministerio de Traballo aprobouse no 2003.
O EDIFICIO
O novo inmoble da Seguridade social levántase sobre unha parcela de 1.490m2 calificada como solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras, e está situado fronte ao porto de Viveiro.
O proxecto foi deseñado polos arquitectos Antonio María Segura Bravo e José Antonio Sancho Crecende e a obra foi executada pola empresa Construcciones Jesús Naray S.L.
O edificio, con 368,30 m2 de superficie útil e 404 m2 de superficie construída, é de planta única, totalmente acristalado e diáfano na zona administrativa, cunha pastilla opaca na parte traseira onde se sitúan os locais técnicos e de servizo.
Na gran sala acristalada, plantexouse a circulación no eixo central baixo un lucernario de apoio; a un lado sitúase a zona de recepción e autoxestión e ao outro a área de atención ao público e espera. Os postos de atención fórmanse cun moble de perímetro baixo, aproximadamente 1,50 de altura, dispostos para formar unha segunda circulación privada para os funcionarios. Ao fondo da sala, emprazouse o despacho do director e sala de reunións, compartimentado con tabique de vidro e persianilla interior, de forma que se domine a oficina, pero se poida contar con un espazo privado para manter unha reunión. Por último na fachada este sitúanse os locais técnicos: aseos de público, aseos de funcionarios, almacén, rack, cuarto eléctrico, saída de emerxencia-acceso de funcionarios e sala de clima e ventilación.
O edificio sitúase exento na parcela, que ten forma irregular, con 47 metros de fachada á avenida, e posibilidade de acceso tamén polo norte, con fachada á nova rúa de camiño do Matadoiro. A parte traseira é un muro de contención do solar da residencia situada ao leste na parte posterior dispúxose un aparcamento para 11 vehículos, 1 praza reservada para discapacitados e área para motocicletas e bicicletas. A leira péchase perimetralmente cun valado vertical e unha porta mecanizada de acceso á zona axardinada e de aparcamento.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



