Viveiro, 22 de outubro, 2021. Dende o BNG censuramos a actitude escapista da alcaldía de Viveiro nunha sesión extraordinaria cuxo obxectivo único era que respostase ás preguntas que lle fosen formuladas.
Asistimos onte a unha comparecencia onde a María Loureiro chegou, sentouse, leu un escrito e foise; faltoulle facelo a través dun plasma ao estilo Mariano Rajoy.
A actitude escapista do goberno do PSOE foi evidente en toda a sesión, na que non se responsabilizou de ningunha das decisións políticas que executaron, e que como consecuencia supuxeron o despido dunha traballadora do concello que conta con dúas sentenzas xudiciais que declaran a súa relación laboral indefinida co concello dende o ano 1995. Sorprendente, pretendeu enganar afirmando que non foi un despido senón que se trataba dunha baixa na Seguridade Social, cando a alcaldía mandou á lista do paro á traballadora, cun despido que nen sequera se notificou cos 15 días establecidos por lei, sen que a día de hoxe a traballadora teña recibido o importe correspondente á liquidación, feitos inadmisibles nunha administración pública.
Non deu resposta tampouco de por qué se tomou a decisión política de sacar a contratación o servizo de limpeza do colexio de Celeiro cando este xa estaba cuberto por unha traballadora do Concello. Tampouco de quen elaborou os pregos, que están mal redactados, incompletos, e é a principal causa de que a empresa adxudicataria puidese acorllerse a non subrrogar á traballadora tal e como se reflexa no informe do Consello Consultivo de Galiza. Algo terá que ver que o Departamento de Contratación conte cun só administrativo e que non se teña cuberto o posto de técnico de contratación, omiteu tamén respostar si teñen pensado cubrir este departamento co persoal necesario para un correcto funcionamento.
Por máis que se esconda tras dos informes NON vinculantes, a alcaldía puido tomar outras decisións políticas. Se prentende que gobernen xs técnicxs, que deixe o cargo.
O goberno do PSOE puido posicionarse do lado das traballadoras e non empurralas aos xulgados, obrigándoas a demandar ao concello con cartos do seu peto para reclamar o seu posto de traballo e os seus dereitos laborais.
Sorprendente a lectura interesada do número de pleitos existentes dende que a alcaldesa forma parte do equipo de goberno, dun total de 68 perderon 20, o que ven sendo o 30% de casos laborais que gañaron as traballadoras laborais do Concello por que a alcaldía non fixo ben o seu traballo.
Omite información relevante neste asunto como a sentenza do Tribunal Supremo favorable xs traballadorxs porque o Concello non quixo aplicarlles o convenio colectivo no que respecta á igualdade salarial, con varias sentenzas recoñecendo o carácter indefinido da relación laboral, irregularidades nas mesas de contratación por non aplicar o prego de prescrición técnicas no momento da adxudicación, despedimentos improcedented e NULOS, coa consecuente indemnización e readmisión.
Algo vai mal, cando un goberno se altera cando lle solicitan información, e peor aínda cando non a dá. Algo vai mal cando un goberno non analiza e corrixe as súas políticas. Algo vai mal cando un goberno remata reiterademente nos xulgados. Mal que lle pese, o BNG seguirá facendo a súa labor en defensa das persoas traballadoras sempre que sexa necesario.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



