Viveiro, 1 de outubro, 2021. O barrio da Pontelabrada é un dos máis populosos e vivos do noso concello e ten ademais unha importante actividade comercial. Conta tamen cunha importancia patrimonial, ubicándose na contorna da Igrexa de San Francisco e é porta de entrada ao Casco Histórico de Viveiro. Sen embargo, este barrio atópase esquecido provocando un deterioro progresivo que está a avivar as queixas veciñais.
Como xa foi denunciado polo BNG en 2017, no corazón desde barrio atópase dende fai anos o edificio do Serra, en estado de abandono, que supón un perigo para a seguridade e salubridade dos veciños e veciñas, ademais do impacto estético que supón. En todo este tempo, o goberno municipal de Viveiro foi incapaz de facer cumprir as obrigas de seguridade e ornamento das edificacións.
Na zona de Campo de Urraca, que ademais é o acceso ao apeadeiro de FEVE e punto de inicio da Ruta da Auga, atópase o lavadoiro da Pontelabrada, restaurado en 2003, en estado semirruinoso dende a riada de 2018. Xa non se trata únicamente dun problema de estética, é utro insulto ao patrimonio de Viveiro, un auténtico perigo con numerosos elementos soltos e coa boca da canalización do río sen protexer.
Que dicir da estrada a Campo de Verdes, baixo a ponte de FEVE, onde foi necesario aumentar o gálibo para as obras do Edificio “Las Palomas” fai case 15 anos. Deixouse un talude de terra e pedras soltas, cunhas barras de aceiro corrugado chantadas coa función de quitamedo. Tendo ademais que convertir unha zona peonil en paso para vehículos, que atravesa o pequeno parque que alí existe. E todo segue igual, ou peor, xa que no parque nada queda das plantas que florecían en primavera e incluso perdendo algunha das árbores que alí había. E todo isto se, por sorte, podes aturar sentarte nun banco co cheiro dos contedores de lixo soterrados, cun pésimo mantemento e limpeza.
Desapareceu tamén a pista da Casa da Xuventude, convertida nun cadrado do musgo ao pé da espectacular ábsida San Francisco. Foi punto de encontro de rapaces e rapazas fai uns poucos anos, lugar de torneos de verán, de actividades e de xogos. Nada queda.
Por desgraza, somos conscientes de que o abandono e desleixo non é unha cuestión que afecte únicamente ao barrio da Pontelabrada. Mais, ante o exposto anteriormente, preguntamos:
. Está o Goberno Municipal ao tanto destas problemáticas? Se é así, por que non actuou e permitiu o deterioro do barrio da Pontelabrada?
. Ten previsto o Goberno Municipal algunha actuación ante os problemas expostos anteriormente, ou noutros que considere oportunos e afecten a este barrio? Cales son? Que prazos manexa?
. Sendo o deterioro dos barrios algo común no noso voncello, ten o Goberno Municipal prevista algunha actuación para mellorar e adecentar os barrios do noso concello?





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.