Lugo, 22 de outubro de 2021. O BNG proporá ao pleno provincial un cambio na denominación da “Granxa Gayoso Castro”, retirando da nomeclatura deste complexo de titularidade provincial o nome de quen fora presidente da Deputación de Lugo durante o franquismo.
O voceiro nacionalista e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro, explicou que se trata de avanzar na retirada de recoñecementos e honras ao franquismo, como xa se fixo cos cadros dos presidentes da Deputación durante o ditadura que colgaban dos corredores do Pazo de San Marcos.
“A pesares dos anos transcorridos dende a aprobación da Lei de Memoria Histórica, aínda e necesario remover nas institucións os recordos que nos remiten a época da ditadura franquista. A día de hoxe, e despois da retirada das paredes dos corredores do Pazo de San Marcos dos cadros dos presidentes da institución nomeados polos dedos dos partícipes no golpe de Estado e na posterior ditadura militar, aínda continúa a empregarse o nome dun deles, Gayoso Castro, para referirse a granxa da Deputación”, expuxo Efrén Castro, defendendo que “as institucións non poden acoller elementos de recoñecemento ao franquismo ou ás persoas que o representaron porque iso contribúe a branquear e lexitimar a ditadura, algo inaceptable nunha sociedade democrática”
A proposta do grupo nacionalista formula tamén unha denominación alternativa, Complexo Agrogandeiro e de Investigación Universitaria, facendo referencia á actividade agrogandeira e de investigación que se desenvolve no complexo, que acolle o Centro de Recría ou o Centro de Investigación Láctea, creado coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela.
“Entendemos que as accións en relación á memoria histórica non van dirixidas ao pasado senón ao futuro, polo que as actualizacións do nomenclátor deben recoller os novos usos e realidades”, apuntou o voceiro do grupo nacionalista.
José Gayoso Castro, militante de Falanxe Española, entrou a formar parte da Comisión Xestora da Deputación de Lugo en maio de 1939 e ocupou a presidencia da entidade provincial entre 1941 e 1946. A denominación “Granxa Gayoso Castro” figura na sinaléctica e identificación da entrada do complexo de Castro Ribeiras de Lea.



















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



