Hai pouco tempo, despois de ler un titular sobre ‘a última do emérito’, viume a cabeza un concurso para impulsar a estima da figura do rei entre a xente noviña: ‘Qué es un Rey para ti?’. E, de xeito inmediato, unha resposta acorde cos últimos tempos da monarquía: un tipo de corrupto. Hei dicir que deseguida se me foi a idea da cabeza, non tanto por autocensura -que non digo que non houbera tamén algo diso- como por razoamento: non o tiña razoado, foi algo súpeto e podía non ser así. Ten sentido falar de ‘rei corrupto’?
Ou sexa, vaiamos por partes.
Para que quede claro de onde veu o tema, o de ‘Que é un rei para ti?’ é un concurso adicado a promover a figura real entre os pícaros, concurso que se decide por unha redacción que se fai en niveis do ensino obrigatorio, e cun premio do que a parte fundamental é a visita ó rei.
Pasemos ó título da entrada ou á resposta repentina que se me veu á cabeza. Se miramos no dicionario da RAG (non por casualidade ‘Real’ Academia Galega), teremos a definición de xefe soberano que herda. Soberano úsase ademais como equivalente a rei, e nas acepcións indica -dun xeito algo redundante- que é alguén ou algo que exerce a autoridade suprema, que non está subordinado ou sometido a ninguén. Ou sexa, xefe por herdanza que non ten que render contas nin a Deus. Algo diso recolle a constitución española cando di no artigo 56.3 que ‘a persoa do rei é inviolable’ e ademais, ‘non está suxeita a responsabilidade’. Traducido a linguaxe normal é algo así como que o rei pode ser irresponsable e nin por esas poderlle chistar ninguén. Pola constitución, pode haber outro tipo de axustes legais, pero polo visto durante anos, esa interpretación campa polos seus respectos.
En canto a ‘corrupto’, o dicionario di que é algo que se botou a perder, mesmo moralmente, que alterou a súa natureza ou que perdeu a súa forma orixinal. Para o caso que nos ocupa, a natureza pode dicirse que cambiou no caso da abdicación, pero curiosamente séguese a tratar de ‘rei emérito’, co que o cambio real debeu ser pequeno, e ségueselle a tratar como antes, logo o cambio de natureza foi un espellismo. En canto ó de botado a perder… pérdese algo que se ten, pero se nunca se tivo responsabilidade, entón non ten por que importar a perda.
É dicir, definicións en man, non parece que se lle poda chamar corrupto ó rei, se non é responsable de si mesmo.
Poderíamos distinguir entre ‘cargo’ e ‘persoa’, o cargo de ser rei e a persoa que é rei. O cargo nace máis ou menos definido, e ata que non desapareza ou se cambie a definición, non hai máis que falar. Unha persoa pode corromperse, pero para o rei, polo seu cargo, sen responsabilidade, é indiferente a corrupción -como por outra parte se está a demostrar día tras día-. Logo non, estaba equivocado, ó rei non se lle pode chamar corrupto.
Coido que estou na liña de votación correcta, que diría Mario Vargas Llosa, pois o que se anda a decidir non é se o rei é corrupto ou non, senón se se pode facer algo con iso. E están a decidir que non, que non se pode. Facer nada. Saqueime un peso de encima.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



