Lugo, 28 de novembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, dous convenios de colaboración entre ambas administracións para a creación dun parque infantil e a edición de varios libros. A institución provincial achega en total preto de 50.000€ para a posta en marcha destas iniciativas que permiten por en valor o concello chairego.
Por unha banda, a Deputación de Lugo achegará ao Concello 34.989,57€ para a construción dun parque infantil na Praza da Bretoña. A entidade local achegará os proxectos técnicos, os terreos precisos e os permisos e autorizacións para levar a cabo as obras e actuacións necesarias.
Por outra banda, a institución colabora con 13.754€ na edición dun estudo sociolóxico sobre a crise demográfica no concello da Pastoriza, do poemario Berce máxico e Uterino (Lendas da Lagoa de Fonmiñá) e dun libro sobre o concello chairego. Estas publicacións serán financiadas pola Deputación de Lugo e levaranse a cabo co obxectivo de dar a coñecer a historia e o patrimonio cultural da Pastoriza.
O Presidente subliñou que para a Deputación de Lugo “é unha satisfacción colaborar co Concello para a posta en marcha destas iniciativas que beneficiarán ás familias, dando alternativas lúdicas e de ocio para os máis pequenos, e darán a coñecer as características e a riqueza histórica e patrimonial do municipio, co que contribúen á promoción do territorio”.
Esta nova colaboración económica súmase ao investimento de preto de 330.000€ que a institución provincial inxecta no Concello a través do Plan Único. A Deputación ten como prioridade cooperar cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos veciños e veciñas.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



