Cervo, 3 de novembro, 2021. A empresa Jofrasa e as representantes da plantilla (2 da CIG e 1 de UGT) levan meses negociando un acordo de empresa que regule as súas condicións de traballo de limpeza da factoría de Alcoa en San Cibrao. Actualmente o convenio que rixe para esta actividade é o convenio xenérico de Limpeza de Edificios e Locais. Para Julita Souto, unha das delegadas da CIG, “é obvio que a nosa actividade pouco ten que ver coa limpeza xenérica de portais ou oficinas, porque nin recolle moitas das nosas actividades nin a forma de regular a nosa xornada”. Porque en Jofrasa ademais da limpeza de todas as instalacións tamén se encargan da limpeza de varios compoñentes do propio proceso productivo e froito dese tipo de traballos, cómpre que se teñan establecidos unha serie de reténs que son susceptibles de ser chamados en caso de necesidade da empresa principal. Este tipo de flexibilidade laboral non está recollida no convenio xenérico. Para Mila Orosa (CIG) “nós non nos negamos a adecuar o noso traballo nin a nosa xornada ás esixencias da empresa principal, sabemos onde traballamos, pero esiximos que se regulen e remuneren aquelas cousas que están fóra de convenio é por iso que queremos ese acordo que complemente o convenio provincial”.
Logo de varios meses e varias reunións coa empresa, mesmo con pequenos avances en materia social, as negociacións están encalladas no económico. Para Xoán Díaz da Federación de servizos da CIG, “non se pode permitir, que en pleno século XXI, nunha empresa siga habendo unha fenda salarial evidente entre distintas actividades pero que na práctica é unha fenda entre homes e mulleres, por non falar xa da enorme fenda que existe entre a totalidade da plantilla da empresa con respecto ao resto de empresas auxiliares e da empresa principal”.
Ambas delegadas coinciden ademais en sinalar que están fartas de ser as “cenicientas” do complexo industrial, e que se algo demostrou a pandemia é que a limpeza é un sector esencial, imprescindible e xa vai sendo hora que tamén se recoñeza iso salarial e laboralmente.
Paradoxicamente, a mesma Jofrasa ten asinados acordos ou convenios de empresa en complexos industriais tan cercanos como o de As Pontes, cunhas condicións económicas moi superiores ás que aquí se están poñendo sobre a mesa. Polo tanto a plantilla decidiu en asemblea que aínda valorando as melloras sociais, non se ratificará ningún acordo que non implique unha mellora salarial e que esta abarque ao conxunto da plantilla. E é por isto que hoxe se iniciaron as mobilizacións con esta concentración, desenrolada de 7 a 8 da mañá que por momentos ralentizou á entrada á fábrica. Segundo as delegadas, “isto só foi o inicio, se a empresa non atende as nosas reivindicacións, seguiremos e intensificaremos as nosas medidas. Levounos moitos anos decidirnos a dar este paso e agora a plantilla está completamente concienciada que temos que dar a batalla, porque non é un capricho, realmente só estamos reclamando algo que é de sentido común e que a nosa actividade na fábrica require e merece.
Sen menoscabo que se decidan máis mobilizacións a maiores, a vindeira concentración levarase a cabo, outra vez nas inmediacións da entrada principal da factoría, o vindeiro mércores 10 á mesma hora.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



