Ana Pontón emitiu este domingo no peche do congreso do BNG dúas ideas importantes: i) “O BNG do si” e ii) “A Galiza en grande fronte a Galiza en pequeno do PP”. Ideas que, por outra banda, presidiron os documentos de debate político e estratéxico aprobados na xuntanza congresual dos soberanistas.
A idea do “BNG do si” supón unha evolución substancial, que asume a súa historia de reivindicación social e afirmación nacional, mais recoñecendo ( o que non foi pacífico na tradición nacionalista galega) que a experiencia do goberno de coalición BNG-PSdeG 2005-2009 constituiu un chanzo substancial do proceso seguido pola organización até de agora, canda as experiencias dos actuais e pasados gobernos locais. Que o BNG avalíe e recoñeza o labor dos seus pasados e presentes gobernos é moi importante, porque amosa experiencia e lle da seguranza á cidadanía .
O BNG do si amosa unha alternativa de goberno en positivo, no ronsel (coas substanciais diferenzas dun a outro país) do PNV e do SNP escocés. Gobernos que foron quen de facer compatíbel a afirmación da identidade nacional cun proxecto autónomo de progreso económico e benestar social. O BNG do si é atender aos que alicerzan o seu soberanismo no identitario e, ao tempo, atender aos que alicerzan a súa galeguidade na asunción dos intereses sociais e económicos do País como referente. Esta idea defendeuna hai anos Anxo Quintana e agora asumiuse sen grandes debates, o que amosa o proceso de madureza do soberanismo galego.
A segunda idea, a da “Galicia en grande” semella vai ser o eixo da acción pública, política e social, do BNG nos vindeiros anos. Somos un País con todos os problemas e vantaxes dun país europeo. Mais sofrimos dun Estado dominado polas elites borbónicas do palco do Bernabeu que nos minoriza e dun Goberno Feijóo que quere aparentar unha-inexistente- xestión solvente, mais que incrementa a nosa débeda, recurta a nosa sanidade e educación públicas e, por riba de todo, non acredita nas nosas potencialidades para construirmos un desenvolvemento industrial endóxeno e sostíbel, unha sociedade avanzada e aberta internacionalmente, un financiamento abondo para os nosos servizos públicos baseado na nosa capacidade normativa e de recadación dos nosos tributos e un autogoberno que garanta políticas sociais, económicas e culturais sen absurdas e moi prexudiciais inmisións de Madrid.
Nun recente artigo o xornalista galego Afonso Eyrè acreditaba na posibilidade dunha Ana Pontón presidente da Xunta no 2024, alicerzándoa na evolución substancial da sociedade galega dos últimos vinte ou vinte e cinco anos. Teño para mín que, tamén, vai ser posíbel pola evolución substancial cara á madureza do propio BNG, que semella aprendeu das súas controversias, malia a dor e conflito que puideron xerar noutrora.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



