Ribadeo, 19 de novembro de 2021. A campaña do 25N deste ano do Concello de Ribadeo foi deseñada dentro da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Está centrada na mocidade e protagonizada polos centros de ensino. Denomínase Calar non é amar. Ti, dona de ti e foi presentada no salón de plenos.O resultado do traballo realizado polo estudantado ribadense darase a coñecer o vindeiro xoves, 25 de novembro, ás oito da tarde no Cine Teatro. Mariluz Álvarez, a concelleira de Igualdade, convida á veciñanza a asistir a este acto.
A edil ribadense dixo que “dende a Concellaría de Igualdade presentamos a campaña deste ano do 25 de novembro, que foi deseñada dentro da Mesa Institucional contra a Violencia de Xénero. Esta vez céntrase na mocidade, protagonista proactiva en contra da violencia de xénero. O lema deste ano é Calar non é amar. Ti dona de ti. Queremos recordar, unha vez máis, a necesidade de desterrar a idea de aguantar por amor, de que o amor non o pode todo, que non quere quen nos dana e que o amor ten que ter coidados e leva implícito o ben tratar. Nós como mulleres somos donas de nós e temos dereito a decidir o que queremos. A imaxe gráfica desta campaña, que imos facela extensible a toda a cidadanía, foi deseñada por Lucía Miranda Santamarina, unha alumna de primeiro de bacharelato do IES Dionisio Gamallo”.
A concelleira de Igualdade explicou que “como ven sendo habitual no Concello de Ribadeo todas as actividades ensambladas dentro do ámbito da igualdade, da sensibilización e da loita contra a violencia de xénero están realizadas en estreita colaboración cos centros educativos do noso concello. Polo tanto, todas estas actividades que se van facer neste 25 de novembro participan nela todos os centros educativos: o CEIP Gregorio Sanz, o colexio Sagrado Corazón de Xesús, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, o CIFP Porta de Auga e tamén a Escola Oficial de Idiomas”.
Álvarez Lastra manifestou que “desta vez a mocidade, como usuaria das redes sociais, deu un paso ao fronte e utilizou as ferramentas de TikTok e Instagram dun xeito responsable e comprometido contra a violencia de xénero. Polo tanto, elaboraron os seus TikTok e os seus Instagram, algo do que imos facer partícipe á cidadanía. Os menores de catorce anos expresaron a través de debuxos, de imáns e de cómics tamén a sensibilización e a denuncia contra a violencia de xénero. O resultado de todo o traballo vai ser feito a través dunha montaxe que imos presentar á cidadanía no Cine Teatro de Ribadeo, o 25 de novembro, con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ás oito da tarde. Polo tanto, convidamos a todas aquelas persoas que o desexen a que acudan a este acto porque realmente vai merecer a pena”.
A concelleira ribadense engadiu: “agradecemos a colaboración de todas aquelas persoas que participaron na súa elaboración e tamén convidamos á cidadanía a que se unan a nós, é dicir, o comercio de Ribadeo e a hostalería, porque sempre traballamos tamén en colaboración con Acisa, e que se fagan co material que editamos para esta campaña como un cartaz ilustrativo da mesma e uns lanyard chaveiros onde vai serigrafiado o lema, que podemos empregar esta semana especialmente, pero tamén ao longo de todo o resto do ano. Ademais deste acto do día 25, que centra a campaña internacional contra a violencia de xénero, imos ter tamén unha charla o luns 22 ofrecida pola Secretaría Xeral de Igualdade, no Cine Teatro, ás oito da tarde, que vai abordar as agresións sexuais e a violencia sexual. Volvo convidar a participar na campaña Calar non é amar. Ti dona de ti”.
O acto de presentación da campaña tivo lugar no salón de plenos de Concello e á mesma asistiron representantes da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero así coma os concelleiros de Igualdade, Servizos Sociais, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Mariluz Álvarez, Mónica Freire, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



