Lugo, 04 de novembro de 2021. Atribúese ao escritor Lobo Antunes a afirmación de que, probablemente, a elegancia é a forma suprema da coraxe e a coraxe a forma suprema de elegancia. De ser así, o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, non pode ser encadrado entre aqueles que practican a elegancia política. Non tivo o valor nin a mínima cortesía política de presentar á corporación que preside o proxecto de orzamentos para o próximo exercicio económico, antes de facelo no Parlamento de Galicia. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “ O grupo provincial do PP desprazouse hoxe a Santiago, concretamente á rúa do Hórreo, ao Parlamento de Galicia, para coñecer alí as grandes contas da Deputación para o ano 2022. Xa o dixemos no seu día: é algo inédito e totalmente irracional, un acto de covardía e unha demostración de falta de elegancia política do presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, presentar antes os orzamentos provinciais no Parlamento, en Santiago, que á súa corporación en Lugo. É inaudito que os deputados autonómicos coñezan antes o proxecto de orzamentos para o 2022 que os propios deputados provinciais, alcaldes e concelleiros da provincia de Lugo”.
Castiñeira explica: “Nós cremos que a elegancia política dun presidente non se mide polo uso a diario de traxes e garabatas; mídese en actos como este, de deslealdade coa súa corporación, de deslealdade cos alcaldes e concelleiros da provincia, que teñen que coñecer as contas en Santiago sen pasar antes pola capital lucense. É algo lamentable, pero iso non vai coartar a nosa actividade; aínda que o presidente da Deputación queira silenciarnos, o PP quere participar e vai participar nestes orzamentos”.
O portavoz popular detalla que “no día de hoxe o PP usou a voz do deputado autonómico Daniel Vega, ribadense, para que, dentro dese debate, trasladara as propostas que fai o Partido Popular de Lugo”. As propostas populares resúmense en catro liñas moi concretas, que definen o seu traballo nos últimos anos. Son as seguintes, explicadas así por Castiñeira: “Aposta polas estradas da provincia, que son fundamentais; aposta pola cooperación cos concellos, mediante o incremento nun 25% do Plan Único; aposta polos polígonos industriais, especialmente no rural, do que é un exemplo claro o parque empresarial de Riotorto que, con moi pouco cartos, no 2022 podería dispoñer de instalacións industriais nun concello que as necesita; os fondos Next Generation, para o que o PP fixo a súa proposta para apoiar a Asociación de Jóvenes Empresarios, e de momento descoñecemos cal é a proposta do equipo de goberno”.
O portavoz popular sinala: “O 2022 é un ano importante, é o ano da recuperación. O procedemento no caso da presentación do orzamento da Deputación é anómalo e pediremos explicacións ao presidente. O PP vai seguir facendo o seu traballo, con lealdade e de compromiso coa institución, presentado propostas, nesta ocasión, hoxe, no Parlamento de Galicia, por medio dos deputados do PP”.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



