Ribadeo, 12 de novembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, considera “sorprendente que o alcalde poña paus nas rodas a un novo centro de saúde para Ribadeo. Non podo entender como un rexedor local pon tantos problemas para a mellora da sanidade pública no seu concello; especialmente cando só se lle pide a cesión dun terreo que si existe nun lugar céntrico e con boa conexión coa autovía”.
O popular explica que a construción dun novo centro de saúde continúa a liña de investimentos da Xunta para a mellora continua da sanidade pública. Incluso o proxecto recolle tamén a incorporación de novos servizos sanitarios en Ribadeo, ademais dos que están en funcionamento no actual centro de saúde:
– cinco consultas máis (dúas consultas técnicas para realizar ecografías, espirometrías, cirurxías menores ou dermatoloxía + dúas consultas para docencia + unha sala polivalente)
– un espazo máis para o programa da muller
– unha sala de hixienista dental
– un despacho de coordinación
– unha sala de estar para o persoal
– un dormitorio máis no PAC
– outra consulta no PAC
– unha sala de observación
– un box de críticos
– outro vestiario
– outro almacén
– espazo para o 061 (incluíndo aparcamento cuberto para as ambulancias)
– sala de estar
– dous dormitorios para o persoal de ambulancia
Vega defende que “isto é traballar por mellorar os servizos sanitarios” e pregúntase “que é o que fixo o alcalde neste sentido”. Agora que ten a oportunidade, o que debe facer é “ceder os terreos para a construción deste novo centro de saúde que, ademais, incorporará ao 061 nas mesmas instalacións e, de estar ben conectado coa autovía, reduciría o tempo de traslados ao Hospital da Mariña, nos casos nos que sexa preciso”.
O voceiro popular no municipio considera “lamentable minusvalorar a inversión máis importante dos últimos tempos no noso concello” e que “o alcalde envíe agora, unha vez anunciada a construción dun novo centro de saúde, unha carta á consellería de Sanidade para poñer problemas e non para aportar solucións”.
O Grupo Municipal Popular insta ao goberno local a “aportar rapidamente os terreos para que o novo centro de saúde en Ribadeo sexa unha realidade”.
Dificultades constantes
Vega condena “as constantes dificultades que pon o goberno do BNG ás inversións da Xunta para Ribadeo”. A este respecto, sinala que “xa estamos acostumados a que o alcalde impida realizar melloras en Ribadeo: xa pasou coas axudas ás asociacións de veciños para mellorar os seus locais sociais e que, finalmente, tiveron que devolver por non poder acometer as obras ante a negativa do goberno do BNG a concederlles os permisos”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



