Viveiro, 3 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, pon en marcha a iniciativa “EscapararArte Comercio e Cultura”, un proxecto no que os comercios de Viveiro converteranse nunha gran sala de exposición cultural.
A iniciativa conta ademais coa colaboración da asociación “Viveiro Centro Comercial Histórico (CCH)” e da asociación fotográfica “Os Negativos”. Deste modo, o Concello de Viveiro e estas dúas asociacións brindan aos fotógrafos/as a oportunidade de expoñer por toda a vila. O obxectivo do goberno local é tecer redes entre as diferentes asociacións e institucións, traballando pola cultura e comercio de forma conxunta á vez que se achega a arte á rúa.
Deste modo, a obra dun grupo de fotógrafos/as estará exposta durante todo o mes de novembro en diferentes comercios e establecementos hostaleiros de Viveiro. Os artistas son Juan Ocaña, Guillermo Pazos, María Castro, Pedro Michelena, Jose Manuel García, Tonete López, Xan Fernández, Antonio Masafret, Javier Freitas, Antonio Vázquez, César Cancelos, Paco López e José Emilio.
Respecto aos escaparates, as obras colocaranse nos seguintes establecementos: Administración Loterías, Cafetería Cantábrico, Cocolatte, Confecciones Justo Vázquez, Don Balon, Famarcia Dolores Casariego, Fontana, Futures, Grafity, Iglesias Muebles, Irimia, Kalea Platería, Kody, Librería Porta da Vila, Mapfre Seguros, Mimimo, Moviltom, Muebles Catá, Muebles Sampe, Nautica Beagle, Oficina CCHV, Peluquería Ángeles Salgueiro, Restaurante La Ría, Van Surf Shop e Viajes Eroski.
“Con esta novidosa actividade, pretendemos unir comercio e cultura, polo que a cidadanía poderá gozar nos establecementos comerciais dunha exquisita colección fotográfica”, subliña Lara Fernández Fernández Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
Dende o goberno local agradécese a colaboración dos comercios e locais hostaleiros que participan, así como da xerencia das dúas asociacións participantes. “Agardamos que esta iniciativa continúe nos vindeiros anos para seguir promocionando a nosa cultura e o noso comercio”, engade a edil de Cultura.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



