Burela, 24 de novembro, 2021. O vindeiro sábado 27 de novembro chega á Casa da Cultura de Burela Conexión Pingüín, unha divertidísima comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto do premiadísimo José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, estes dous grandes actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.
Conexión Pingüín é unha peza que fala da incomunicación entre os seres humanos, un mal que fai estragos todo os días e a todas horas. Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.
Unha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte e sobre todo moito humor. Por un lado, os dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao Polo Sur. Por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica. O público descubrirá a faceta máis cómica de Marcos Orsi e de Luís Iglesia, un dos actores máis recoñecidos do panorama galego actual.
A obra, que terá lugar ás 20:30 horas, conta co apoio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) a través das súas axudas á creación escénica. As entradas estarán na taquilla do auditorio a partir das 19:30 horas, o prezo é de 4 euros .
Sobre os protagonistas
Luís Iglesia é un dos máis populares actores de teatro e TV de Galicia e a nivel estatal, ten participado en series e películas como El Cid, A Estiba, Matalobos, Serramoura, Pazo de Familia ou El Ministerio del Tiempo.
Marcos Orsi, director ademais de actor en Conexión Pingüín, é outro dos máis destacados actores e directores de teatro de Galicia cun Premio María Casares e participación en traballos escénicos como Commedia, A Cabeza do Dragón e series como A Estiba, Serramoura ou Matalobos.
A obra está escrita por José Prieto, quen conta cunha destacada traxectoria adornada por varios Premios Max, varios María Casares e varios Premios de Dramaturxia de Galicia.
A produción e posta en marcha do proxecto corre a cargo de Culturactiva Producións, o departamento de produción escénica da cooperativa de xestión cultural do mesmo nome que en 2020 celebrou o seu vixésimo aniversario.























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



