Viveiro, 24 de novembro, 2021. Este xoves, 25 de novembro, arribou no porto de Celeiro o buque hospital Juan de la Cosa, pertencente ao ISM. Aproveitando que durante esa fin de semana realízanse as Xornadas de pesca de Celeiro, van organizar unhas visitas para que o sector marítimo poida coñecer o importante traballo que se realiza nel.
A importancia desta buque non só limítase ao número de intervencións sanitarias que realiza, hai outras funcións que non son tan visibles pero que son de importancia capital. Cando a frota atópase faenando, traballa con moita máis seguridade e tranquilidade sabendo que se ocorre un contratempo a bordo, a axuda atópase a poucas horas de navegación. Esta función non se reflicte nas estatísticas, pero os traballadores do mar aprecian enormemente o saber que o Juan de la Cosa atópase preto.
O barco permanecerá no porto de Celeiro ata o sábado 27, que partirá cara a Santander. Para poder organizar as visitas, con todas as seguridades sanitarias, limitarase o numero de visitantes e será obrigatoria a máscara. Para iso, será necesario anotarse previamente no punto instalado no local social da confraría de pescadores de Celeiro. Os horarios serán:
Días 25 e 26: Horario de visitas pola mañá: 9:30 a 11:00. 12:00 a 13:30. Horario de visitas prol a tarde: 16:30 a 18:00
Día 27: Horario de visitas pola mañá: 9:30 a 11:00. 12:00 a 13:30























A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



