Viveiro, 23 de novembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentou hoxe na Casa do Concello os resultados da campaña de compostaxe que comezou en decembro do ano 2020. Este proxecto esta enmarcado en #ViveiroSustentable, que é a imaxe do Concello de Viveiro para accións de concienciación sobre medio ambiente e cambio climático.
A primeira campaña de Viveiro sustentable é o programa de compostaxe no que participaron 264 familias e catro centros educativos.
Establecendo unha escala de 1 a 5, as persoas participantes valoraron moi positivamente todo o programa (4,36), ademais de que as Mestras Composteiras valoraron correctamente a labor de compostaxe levada a cabo polas familias (3,56).
A repercusión social dos 269 composteiros instalados chega a 725 persoas nas familias e estimase que o alumnado entre os 4 centros suma 1000 persoas. Polo que a acción ten un impacto directo en aproximadamente 2000 veciños e veciñas.
Indirectamente, tendo en conta a campaña de difusión, os familiares e amizades asociadas aos composteiros domésticos e ás familias do alumnado do centro de ensino, as campañas en redes sociais, os anuncios e noticias en prensa podemos estimar unha repercusión indirecta en toda a poboación do Concello de Viveiro, superando os 15.000 cidadáns nestes momentos.
Tendo en conta que os biorresiduos corresponden ao 42.36% do total producido, que a produción de residuos é de 1.22 Kg hab/día, estímase que anualmente evitarase, gracias as familias participantes, o tratamento duns 136.756,08 kg de lixo que ía ser destinado ao contedor xenérico.
Paralelamente a esta redución, espérase un aumento na recollida separada do resto das fraccións derivada dun cambio de hábitos nos fogares e unha mellor comprensión sobre a separación selectiva.
Ademais, agárdase un aforro económico na recollida, transporte e no tratamento dos residuos que se retiran do fluxo convencional de xestión e afórranse tamén as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do transporte de eses residuos á planta.
Se tan solo tivésemos en conta a taxa por tonelada de tratamento dos residuos en SOGAMA (planta onde envía os residuos o Concello de Viveiro), que ascende a 69,48 euros, pola minoración de toneladas enviadas obtemos un aforro anual de 9.501,82 euros. Habería que sumar a esta cifra os aforros en recollida e transporte, estimándose a mesma nuns 5.000 euros.
Temos que ter en conta o impacto derivado pola maior concienciación e sensibilización de todas as persoas implicadas no proxecto e a obtención dun compost de calidade.
Os impactos indirectos na mellora da separación dos residuos e o compostaxe nos centros educativos estímase en 5.000 euros.
O total anual de aforro estimado ascende a 19.501,82 euros
A inversión foi de 13.935,68 euros na adquisición de composteiros e aireadores e de 26.524,52 euros na campaña de captación e concienciación, formación e seguimento do proceso de compostaxe coas Mestras Composteiras. Un total de 38.993,57 euros nesta primeira fase, en conceptos soamente económicos o período de amortización e de menos de dous anos.
Os cidadáns de Viveiro aínda poden apuntarse ao programa de forma gratuíta e para elo e necesario completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.
A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



