Santiago, 19 de novembro de 2021. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Agricultura que permita a plantación de patacas naqueles concellos cun número insignificante de positivos e delimitar as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas pola couza guatemalteca. Neste sentido, o deputado popular Rubén Lorenzo avanzou que, “de acordo coa evolución da situación, é probable que a couza poida ser erradicada en Galicia no prazo de dous anos”.
Rubén Lorenzo lembrou que Galicia declarou oficialmente a presenza da praga da couza guatemalteca en novembro de 2015, establecendo medidas urxentes de control nos concellos de Ferrol, Narón e Neda. Posteriormente, a comezos de 2016 ampliouse as zonas afectadas aos concellos de Cervo, Foz, Xove, O Valadouro e Viveiro. Finalmente, e logo de realizar intensas campañas de prospección, en febreiro de 2017 ampliáronse as zonas afectadas ata 31 concellos das provincias de Lugo e A Coruña.
SEGUIR APLICANDO MEDIDAS
Ao longo destes últimos anos a Xunta levou a cabo numerosas accións para o control desta praga nos concellos afectados e evitar a súa expansión, ademais de dispor de indemnizacións para compensar a retirada e destrución das patacas das explotacións e dos almacéns. “Na actualidade, o traballo principal segue consistindo en revisar periodicamente as trampas instaladas para rexistrar a evolución das capturas e a dispersión da praga, constatando que a mellora é evidente pero que se debe seguir aplicando as medidas para conseguir a erradicación da couza”, apuntou.
Hoxe, os concellos dentro das zonas infestadas son 18 e neste ano só houbo capturas en cinco municipios. “As previsións apuntan a que a finais deste ano sairán das zonas infestadas a meirande parte dos concellos que teñen esa condición”, sinalou o deputado popular.
“Diante desta situación, consideramos que pode ser un bo momento para que, sempre tendo en conta os datos técnicos, o Ministerio de Agricultura permita a plantación de patacas naqueles concellos cun número insignificante de positivos de couza guatemalteca e onde os datos de capturas nos indiquen un control e localización da praga, delimitando as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas”, demandou Rubén Lorenzo.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).