Lugo, 05 de novembro de 2021. O goberno provincial non só non cumprirá o compromiso que adquiriu na investidura para incrementar o Plan Único nun 25% senón que, tal como anunciou onte o seu presidente no Parlamento de Galicia, conxelará este plan nos orzamentos para o 2022. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, considera que “é unha moi mala noticia que José Tomé anunciara onte a conxelación do Plan Único”. Di que “é mala para os veciños, pero especialmente para os concellos e os alcaldes que esperaban un incremento da cooperación da Deputación no ano da recuperación”.
Castiñeira considera que o 2022 “era un ano estupendo para cumprir as promesas que socialistas e nacionalistas fixeron na súa investidura”. Explica que “era posible subir nun 25% a dotación do Plan Único; iso suporía uns cinco millóns de euros máis”.
O portavoz popular engade: “Este ano era posible porque subiu a participación das entidades locais nos tributos do Estado. A Deputación pasa de ter algo máis de 93 millóns de orzamento a case cen millóns e con eses seis millóns de euros a maiores si podía cumprir ese compromiso de subir un 25% o Plan Único”.
Castiñeira deixa ao descuberto as intencións do goberno provincial e concretamente do seu presidente: “Lamentablemente o señor Tomé e o bipartito queren eses seis millóns de euros para o de sempre, para convenios de presidencia para primar a uns concellos e penalizar a outros, que é o que veu facendo nestes dous anos de goberno”. Os populares lamentan “que non se confíe na maior ferramenta de cooperación que se creou na Deputación de Lugo, no ano 2016, entre Darío Campos e Elena Candia, unha ferramenta moi útil para os concellos que unha vez máis o goberno bipartito da Deputación conxela de novo”.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



