Lugo, 24 de novembro de 2021. O Goberno de Pedro Sánchez non entendeu nada sobre a folga xeral vivida recentemente en A Mariña en defensa da súa industria. A rotunda afirmación feita pola ministra Maroto descartando a intervención de Alcoa, así o demostra. E as xustificacións que, sobre as declaracións da ministra, está a dar o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, son escusas de mal pagador, coas que só busca, sen éxito, defender ao Goberno, e ocultar a falta de peso do PSdeG de Lugo no seo do PSOE. Así o indica o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que esixe de Tomé “que demande con rotundidade do Goberno que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa é a día de hoxe a única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”
Castiñeira explica: “Cando os traballadores de Alcoa e os membros do comité de empresa entraron na Deputación de Lugo tiñan dúas proclamas. Unha era enerxía, solución, e a outra era socialistas de pacotilla. O da enerxía, solución, empeorou, porque dende aquela o prezo da enerxía e moito máis caro, tanto o gasóleo como a enerxía eléctrica, que é fundamental para as expectativas de futuro da fábrica de aluminio en A Mariña”.
O portavoz popular destaca: “O de socialistas de pacotilla cada vez se fai máis evidente. Falamos das declaracións do presidente da Deputación de Lugo, señor Tomé, xustificando a decisión da ministra Maroto de non intervir provisionalmente Alcoa, algo que entendemos é necesario e forma parte do futuro desta fábrica”.
Castiñeira declara: “Temos que dar a razón unha vez máis ao comité de empresa: o señor Tomé é un socialista de pacotilla. E por que? Porque cando levabamos as cousas á Deputación de Lugo, o señor Tomé está a favor do comité de empresa; cando o comité de empresa lle pide que se posicione, faino coa boca pequena, pero cando chega a Ferraz o señor Tomé é unha persoa totalmente diferente, é un adulón, ao que lle gusta dar palmadiñas nas costas a aqueles que están prexudicando os intereses da nosa provincia, neste caso a ministra Maroto e a ministra Ribera”. Engade: “Queremos que defenda os intereses de todos os lucenses, que se deixe de defender os intereses dos socialistas porque é presidente de todos os lucenses; deixe iso para cousas menos importantes, agora estamos a falar do futuro da provincia de Lugo, de A Mariña, de Alcoa”.
O portavoz popular insta a Tomé a que “pida con rotundidade á ministra Maroto e ao Goberno de Pedro Sánchez que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa a día de hoxe éa única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”. Tamén di: “Señor Tomé, dende a provincia de Lugo pedímoslle que reclame con rotundidade que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa é a día de hoxe a única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



