Santiago de Compostela, 11 de Novembro 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou unha explotación láctea en Sarria nun momento de caída dos prezos do leite que, ademais, coincide cun incremento dos custes de produción, tanto pola suba da factura da luz como de materias primas e alimentarias básicas, poñendo en risco un sector que é fundamental para a economía e para a preservación do medio rural.
A líder do Bloque identificou tres graves ameazas que para a viabilidade de moitas explotacións: os baixos prezos que a industria está pagando aos gandeiros e gandeiras, o incrementos dos custes de produción e a práctica das cadeas de distribución de vender a perdas utilizando o leito como produto reclamo. “Estas tres ameazas son unha tormenta perfecta que pon en apuros a moitas explotacións lácteas”, indicou.
Ante esta situación, destacou, o Goberno de Feixóo non pode mirar para outro lado senón que debe aportar solucións e, neste sentido, avanzou catro propostas do Bloque en defensa do sector, das que o Executivo do PP debería tomar nota.
Para empezar, convocar á industria e a produtores e produtoras, “sentalos na mesma mesa” e conducir a negociación que permita poñer fin a caída de prezos, “porque non pode ser que teñamos o mellor leite do Estado, pero cos prezos máis baixos, unha inxustiza a que hai que poñer fin”, alegou. Para iso, urxe “transparentar” os prezos do leite e garantir que non van estar por debaixo do que custa producir. “A que espera á Xunta?”, interpelou.
En segundo lugar, o Bloque demanda do Goberno de Feixóo que actúe sobre as cadeas de distribución alimentaria e faga cumprir a lei que impide a práctica de usar o leite como produto reclamo tirando prezos.
Como terceira proposta, o BNG aposta pola mobilización de terras para ampliar a superficie das explotacións agrogandeiras, en concreto fixa como obxectivo mobilizar 100.000 hectáreas de superficie agraria útil de aquí ao 2030, o que tamén permitiría que o sector tivese máis axudas da PAC, pois o factor da extensión da explotación xoga a favor.
Finalmente, a líder nacionalista puxo o foco en mellorar a competitividade das explotacións a través da investigación e da eficiencia enerxética. Non ten sentido que o rural sume 4.500 aeroxeneradores, sen recibir ningún beneficio sobre a factura da luz, indicou, que cada vez é máis cara mentres o lobby eléctrico engorda beneficios. A tarifa eléctrica galega é unha medida que permitiría abaratar custes nun País rico en electricidade.
Medidas concretas que o Goberno galego debe poñer en marcha a favor do sector, destacou Pontón, tras subliñar que, desde que Feixóo goberna, pecharon a metade das explotacións lácteas: en 2008 había 13.349 explotacións lácteas, hoxe hai 6.768 e 17.400 empregos menos. “Un balance desastroso que irá a peor se Feixóo segue cruzado de brazos, cando debería traballar para reverter esta situación porque temos a obriga de darlle futuro ao rural, pero para iso o Goberno ten que tomar as rendas e deixar de tirar balóns fora”, concluíu.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



