Viveiro, 15 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Benestar Social, informa do programa ‘Xuntos polo Nadal’, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, desenvolto pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, comprende a estancia nunha residencia durante 8 días (7 noites), aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa (no suposto de existir disponibilidade en habitacións individuais serán asignadas con preferencia aos participantes de maior idade).
Inclúe ademais o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa e actividades de animación sociocultural.
“Para nós, como Concello de Viveiro, é moi importante apoiar e colaborar con este tipo de iniciativas dirixidas á persoas que teñen así a oportunidade de pasar estas datas tan sinaladas acompañadas”, asegura a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde.
Levarase a cabo en dúas quendas, a primeira entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro, e poderán beneficiarse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes; estar empadroado nalgún concello galego; vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal; valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía, e estar vacinado frente a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.
Para a selección dos participantes daráselles preferencias ás persoas que perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa convivisen nos últimos anos, que teñan máis idade e que non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
O prazo de presentación de solicitudes, que deben acompañarse do informe social e da declaración responsable, remata o 30 de novembro de 2021. As solicitudes, debidamente cubertas e asinadas, deben presentarse no formulario establecido, que pode descargarse na páxina web http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada/xuntospolonadal
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo:
https://sede.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Fsede.xunta.gal%2Fpresenta%2 Flogin%2Fcas
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e dirixiranse á xefatura territorial correspondente en función do ámbito territorial do solicitante.
En todo caso, poden solicitar máis información ou resolver calquera dúbida no departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro (teléfono de contacto: 982 550 421).

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



