Hai uns días aparecía unha nota na prensa co epígrafe: El PP afea al gobierno vivariense su “rotunda negativa” a arreglar la calle Granxas de Covas. A mencionada nota engadía: El PP de Viveiro lamenta que el gobierno local contestó con una “rotunda negativa” a su petición en el pleno de reparar el pavimento de la calle Granxas. “O máis curioso é que segundo dixo a alcaldesa esta rúa leva así desde que gobernaba o PP, é dicir, recoñece que o Concello non fixo nada por arranxala desde hai case 20 anos”, afirman.
Nin nos negamos a reparar o pavimento de Granxas nin a Alcaldesa recoñeceu, por non responder á realidade, que esta non se arranxara dende hai case 20 anos. É lamentable constatar, unha vez máis, como o PP se presta a mentir, cun descaro impropio de responsables públicos, aos veciños co obxectivo de desacreditar ao goberno local.
Como soporte ás miñas declaracións paso a reproducir o texto que a Alcaldesa, María Loureiro, usou como resposta ao rogo do PP:
“As fochancas ás que vostede fai referencia son consecuencia de varias roturas na deteriorada rede de abastecemento de auga potable. As reparacións provisionais executounas a empresa responsable das redes de saneamento e de abastecemento. As pozas de auga son consecuencia de que na época na que gobernaba o Partido Popular non se instalaron rexillas para a recollida de augas pluviais. Situacións como a da rúa Granxas era algo habitual noutra época. Pouco a pouco, cando as circunstancias o permitiron, este equipo de goberno regularizou o estado de numerosas rúas. Aínda está presente na memoria dos veciños as inundacións tanto na rúa principal do casco histórico de Viveiro como no barrio do Conexo en Covas.
Aínda que vostede pretende vender o contrario este equipo de goberno atende ás súas obrigas coa dilixencia que as circunstancias o permiten. Teño que repetir por enésima vez que, a día de hoxe, é un exercicio pouco menos que imposible conseguir os servizos de empresas externas tanto de albanelería como de reposición de viais. Viaqua e este equipo de goberno levamos meses esperando que unha empresa do sector dea resposta as nosas solicitudes”.
Jesús Fernández Cal
Concelleiro de Obras





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



