Mondoñedo, 27 de decembro de 2021. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a Catedral de Mondoñedo onde se referiu aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.
O titular de Cultura sinalou que o investimento previsto en Mondoñedo fará posible “reforzar e revalorizar” o papel deste templo, “unha das xoias do Camiño do Norte, incluída, como a de Lugo, na declaración de Patrimonio Mundial da Unesco de 2015”. Neste sentido, recordou que a Xunta tomou como punto de partida a restauración da Catedral de Santiago co obxectivo de blindar a conservación do resto das catedrais. “Foi un éxito colectivo ao que damos continuidade en toda Galicia con traballos que requiren que todas as administracións implicadas traballemos sumando vontades e esforzos”, afirmou.
No caso do presbiterio e murais da Catedral de Mondoñedo, sinalou que se trata da primeira dunha decena de actuacións que se desenvolverán ao longo dos vindeiros anos. Trátase de melloras que contan cun investimento de máis de 255.000€ de especial relevancia xa que os restos murais conservados contan cun gran valor.
Ademais destas actuacións, entre as que se porán en marcha ao abeiro do Plan Catedrais destacan a limpeza e consolidación das torres, a rehabilitación integral da parte sen uso do Pazo Episcopal para ampliar o museo ou a resolución das humidades que afectan a diferentes puntos do templo. Así mesmo dotarase ao conxunto catedralicio dun novo proxecto museográfico e restauraranse bens artísticos como os órganos.
Convenio coa diocese
Para continuar avanzando na posta en valor do patrimonio da provincia, o conselleiro e o novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, asinaron hoxe un convenio para promover a restauración da igrexa do mosteiro de San Salvador en Vilanova, Lourenzá, así como para a restauración do conxunto mural da nave central da igrexa de Vilares de Parga en Guitiriz, ambas cun investimento superior aos 400.000€.
No caso da igrexa do mosteiro de San Salvador intervirase na lanterna do cruceiro, que inclúe a desmontaxe e posterior montaxe do cupulino, a reparación de danos estruturais nas fábricas de cantería da nave lateral sur. Eliminaranse tamén filtracións de auga de chuvia a través da cuberta das naves laterais e se actualizará a instalación eléctrica.
No que se refire á igrexa de Vilares de Parga, en Guitiriz, as actuacións irán encamiñadas a restaurar o conxunto mural da nave central. Entre outras actuacións, limparase a superficie para devolverlle ao conxunto mural a uniformidade perdida.
Máis de 60 actuacións en todos os templos
Todos estes traballos están incluídos na estratexia autonómica de mellora e conservación do patrimonio que garante a súa preservación para as xeracións futuras. En concreto, o Goberno autonómico incrementará un 23% o investimento en 2022 no patrimonio.
Como declarou Román Rodríguez, dáse así un paso máis para que Galicia avance na protección dos seus bens máis senlleiros. En total, o Plan Catedrais, dotado con 38M€, recolle mais de 60 actuacións para asegurar a debida salvagarda e recoñecemento das catedrais de Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui, da antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo en Foz e das concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



