Foz, 17 de decembro de 2021. O Concello de Foz presentou hoxe, venres, a programación cultural de Nadal, “pensada para que desfruten os máis cativos e para que os maiores volvan a ser nenos”, comenta o alcalde focense, Fran Cajoto.
A concelleira Inés López Couto explica que “dende a Delegación de Cultura traballouse para cubrir un amplo abano de posibilidades para que todo o Nadal de Foz guste a todas e todos” e quere “que os máis pequenos desfruten e sexan felices despois dun período complicado no que se están a portar moi ben. En coordinación con Papá Noel e os Reis Magos traemos unha programación á súa medida.”
A edil de Cultura especifica que “a programación inclúe teatro infantil e para adultos, concertos de panxoliñas e actividades para os máis pequenos. Os días 27, 28 e 29 de decembro as nenas e nenos de ata 8 anos poderán desfrutar dun Parque Infantil de Nadal na carpa instalada na Sala Bahía, con distintas e divertidas atraccións: como elemento central un tren que estamos seguros de que fará as delicias dos cativos. Xa en xaneiro, os días 2, 3 e 4 contaremos cun deslizador xigante no pavillón de Marzán, que podería estar no Polideportivo do Campo da Cabana se o tempo o permite, para que nenas e nenos de todas as idades e adultos -previa inscrición- poidan sentir a velocidade”.
Inés López engade que o Concello de Foz “desprega un amplo dispositivo para que as cartas a Papá Noel e aos Reis Magos cheguen a tempo ao seu destino. Ademais dos buzóns especiais de Nadal que nos vindeiros días poderemos atopar en distintos puntos da vila de Foz e das parroquias, os elfos estarán nas rúas de Foz o venres 17, o sábado 18 pola mañá e o xoves 23 pola tarde para recoller persoalmente todas as misivas. Que máis poderemos desfrutar? O venres 24 Papá Noel sairá dende a Casa da Cultura para achegarse ao Concello e recibir a todos os cativos; e, por suposto, os Reis Magos percorrerán as rúas de Foz desde a Rapadoira o 5 de xaneiro. Nesta ocasión, as súas maxestades e o habitante máis famoso de Laponia viaxarán sós, sen nenos, para garantir a seguridade sanitaria”.
A concelleira de Cultura indica ademais: “pero Foz tamén é música e teatro. Poderemos desfrutar nestas datas de distintas actuacións:
Sábado 18: Teatro Infantil Musical na Sala Bahía e Concerto de Panxoliñas na Igrexa de Foz a cargo de Mar Aberto e da Coral Polifónica de Foz.
Domingo 19: Gala solidaria a cargo de Teatro Axóuxeres de Vilaronte con Cousas de Mulleres e o Monólogo de Luis Miguel Yáñez.
Luns 20 e martes 21: Festival de Nadal da Escola de Música con concertos da Aula Coral e da Prebanda e Orquestra de Jazz.
Mércores 22: Teatro adulto coa obra A Lúa vai encuberta, premio II Certame Manuel María de Textos Teatrais.
Xoves 24: Concerto da DkBand da Escola de Música.
Domingo 26: Teatro infantil, de Teatro O Cubo, coa obra Ningures.
Xoves 30: Teatro infantil, de Emoción e Arte, coa obra Semente: o home que plantaba árbores.
Venres 31 e domingo 2 de xaneiro: Festival de Nadal, cos Alcaldes da Pachanga e Concerto de Aninovo da Banda de Música de Foz.
Sábado 8 de xaneiro: Concerto de Música. Entre Nós, de Son’s Varadero”.
“É tempo de pensar nas nosas familias e de saborear unhas datas moi especiais. Contando coas precaucións debidas, aínda con máscara, o Concello de Foz quere estar ao voso carón e desexarvos un Bo Nadal e un mellor e máis próspero 2022”, remata o alcalde.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



