Ribadeo, 30 de decembro de 2021. O Concello acaba de licitar as obras de construción dunha pista multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros. O investimento ascenderá a 460.000 euros e o prazo de execución será de 8 meses. As empresas teñen ata o 19 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos nos últimos latexos deste ano 2021 e desde o Concello non queremos deixar de traballar e de cumprir cos nosos compromisos. Acabamos de licitar un ambicioso proxecto dirixido á mocidade, a todos eses rapaces e rapazas que nos levan moito tempo demandando espazos públicos de lecer, de deporte non regrado, é dicir, para botar unhas pachangas, e dos que a vila de Ribadeo lamentablemente non tiña”.
O rexedor dixo que “por todo isto, os técnicos estiveron traballando duramente nestes meses, os representantes políticos fomos buscando finanzamento para esta grande actuación e atopámola na Área de Deportes da Deputación de Lugo, que foi sensible ás nosas demandas, polo que se abre agora o proceso de licitación dunhas obras que imos acometer nunha superficie de máis de 7.000m2 nos terreos municipais da mazá interior entre a Avda. de Galiza e as Rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros. Estes terreos están así establecidos no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal para este tipo de finalidades”.
Suárez Bacia subliñou que “outro dato significativo desta actuación é o económico, pois as obras ascenden a 460.000 euros, dado que tivemos que incrementar a previsión inicial en 50.000 euros porque quixemos acondicionar tamén a praza de entrada a este novo espazo. Así a actuación contempla a construción dunha pista multideporte para fútbol, para baloncesto, para voleibol duns 1000m2. Tamén contempla outra pista de skate con gradas de máis de 1.400m2, así como unha zona para a práctica da calistenia. Loxicamente contémplase zonas arboradas, de xardín, zonas de paseo, un moderno sistema de alumeado, etc para que esta zona de reunión sexa útil durante todo o ano”.
O alcalde engadiu que “estas obras terán un prazo de execución máximo de 8 meses e o prazo para as empresas que desexen presentarse a este procedemento aberto remata o vindeiro 19 de xaneiro. Toda a información está dispoñible na web municipal e na Plataforma de Contratos do Estado”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



