A Fonsagrada, 27 de decembro de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, exemplificou hoxe no novo cuartel da Garda Civil da Fonsagrada o apoio inequívoco do Goberno de España á dotacion de servizos públicos de calidade á poboación do mundo rural. José Miñones anunciou na localidade lucense que o Ministerio do Interior vén de autorizar o investimento de 1,8 millóns de euros que custará o novo edificio, que facilitará o traballo aos e ás axentes da Garda Civil e a atención á cidadanía da zona.
O delegado do Goberno desprazouse hoxe ata o Concello da Fonsagrada xunto coa subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez. “O meu primeiro ano como delegado do Goberno en Galicia comeceino visitando o municipio máis pequeno en extensión da Comunidade Autónoma, Negueira de Muñiz. Hoxe pecho o círculo na montaña lucense no municipio máis grande por extensión de Galicia, A Fonsagrada” indicou, engadindo que é “símbolo da vocación municipalista deste Goberno e da súa labor como delegado”.
Mellora dos equipamentos do Ministerio do Interior
O proxecto do cuartel da Fonsagrada forma parte do conxunto de actuacións que impulsará o Goberno dentro do Plan de Infraestruturas de Seguridade do Estado 2019-2025 e que na provincia de Lugo compromete máis de 5 millóns de euros en investimentos.
Respecto ao cuartel da Fonsagrada, José Miñones lembrou que xa se dispoñen dos terreos para a súa construcción. O seguinte paso é a redacción do proxecto, para o que se desprazarán técnicos do Ministerio do Interior ata a localidade.
Investimentos no rural
Por outro lado, o delegado anunciou que o Goberno aprobou a dotación de internet de alta velocidade a máis de 2.000 vivendas e empresas da Fonsagrada nos próximos dous anos grazas á convocatoria deste ano do Plan ÚNICO-Banda Ancha. A resolución do Ministerio de Asuntos Económicos inclúe a execución de medio millar de actuacións neste municipio da Montaña.
Esta é unha das liñas do Goberno para garantir a cohesión territorial dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e ten especial incidencia nos municipios de Reto Demográfico: “concellos que estamos a priorizar tanto en investimentos como en reformas normativas para loitar contra o despoboamento do rural. En Lugo, dos 67 concellos desta provincia, 59 pertencen á categoría de reto demográfico, entre eles, A Fonsagrada”, indicou.
Axudas a eficiencia enerxética
Xunto á conectividade, a segunda liña do Goberno para o rural céntrase no desenvolvemento urbano sostible. Trátase da convocatoria do programa DUS-5000, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e que ten como obxectivo financiar proxectos de enerxías limpias.
O delegado animou a A Fonsagrada e ao resto de concellos do reto demográfico a aproveitar esta oportunidade para a que Galicia ten preasignados 45 millóns de euros para conceder axudas.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



