Foz, 14 de decembro de 2021. O Concello de Foz publicou este luns na plataforma de contratación a licitación da urbanización da rúa Costa do Castro, a subida ao cemiterio. O alcalde, Fran Cajoto, destaca que “é unha obra moi necesaria para un pobo en crecemento e para o que o goberno municipal segue traballando para conseguir o maior número de investimentos”.
O rexedor municipal explica que “o convenio coa Deputación de Lugo permitirá que veciñas e veciños de Foz gocen de máis seguridade nun vial cada vez máis empregado e que conecta tamén o barrio de Marzán co centro urbano. O estado desta rúa, con bloques de vivendas e sen unha senda segura para o acceso peonil ao cemiterio, é intolerable. Imos converter un camiño urbano nunha rúa ben definida, con beirarrúas de máis de 2 metros de anchura, con novo alumeado público e cos servizos renovados. Esta licitación sae a contratación por un importe de 569.649,40 euros, dos que o 80 por cento son financiados pola Deputación de Lugo e o 20% restante é con cargo a fondos propios municipais”.
Fran Cajoto amósase “contento de que comece a verse o traballo que estamos a facer desde que adquirimos a responsabilidade de goberno. Esta obra enlaza co terceiro acceso á vila, proxecto que pretende un acceso alternativo ao núcleo urbano e evitar retencións, diminuíndo o tráfico nas rúas máis céntricas do pobo”.
O alcalde engade que o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o luns 3 de xaneiro de 2022 e “o inicio das obras está previsto para comezos da primavera e, debido á envergadura das mesmas, poden ter unha duración estimada duns 8 meses. Intentaremos mitigar na medida do posible as molestias que poidan sufrir as veciñas e veciños de Foz, derivados dunha obra que ao remate conseguirá unha mellora notable para todos”.
Cajoto anuncia tamén que “o proxecto incide na creación de beirarrúas e na mellora das condicións para a diminución da velocidade coa que os vehículos circulan por esta vía, actualmente estreita e en mal estado de conservación. Na licitación -puntuables para a adxudicación do contrato- inclúense unha serie de melloras no ámbito do proxecto como o aglomerado da rúa Fiallega e a mellora da iluminación, renovación do firme e creación dunha senda peonil na rúa do Cemiterio”.























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



