Foz, 29 de decembro de 2021. A falta de mantemento das infraestruturas acorta a súa vida útil, crea dificultades aos usuarios e dá mala imaxe das poboacións. O grupo municipal de Foz denuncia do mal estado o Campo da Cabana e critica a falta de xestións dos nacionalistas no terreo deportivo.
O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, sinala: “O Partido Popular de Foz denuncia o pésimo e lamentable estado de mantemento dos vestiarios do Campo da Cabana. Hai poucos días, celebrouse nesas instalacións unha nova edición da Run Foz Run Nadal, organizada polo Club de Atletismo Ría de Foz, na que participaron uns 350 atletas e moita xente que quixo despedir así o ano, nun evento deportivo xa consolidado no municipio”.
Os populares lamentan “a malísima imaxe que deu novamente o Concello de Foz, debido o estado case inutilizable dos vestiarios: están sucios, cheos de humidades e moi perigosos, porque no cuarto de máquinas abunda a humidade e está o cadro eléctrico. A imaxe que se deu do Concello de Foz, e da delegación municipal de Deportes, que leva o BNG, foi moi mala”. Piden “o arranxo dos vestiarios e que se mire un pouco máis polo Campo da Cabana, que está abandonado nestes tres anos que leva gobernando o bipartito; apenas se fixeron obras dende que foi arranxado no 2015 polo Partido Popular”.
Castiñeira sinala: “É unha mostra máis do abandono do BNG na xestión dunha área tan importante para Foz como é a de Deportes. Neste sentido, mediante un rogo presentado no pleno, solicitamos que se adquira unha máquina de limpeza de parqué. As queixas dos usuarios do pavillón son moitas, porque está sucio; é un dos mellores parqués de toda a provincia, que se puxo novo no anterior mandato, dentro das obras feitas polo anterior goberno local no pavillón, e dá pena velo así”. Indican que a compra pode facerse a cargo do Plan Único ou ben con fondos propios.
O portavoz popular “denuncia a mala xestión do bipartito especialmente no eido deportivo, no que o Bloque está ausente, igual que o está no equipo de goberno; non atende en condicións aos clubs deportivos, que demandan do goberno municipal unha mellor xestión”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



