Trabada, 29 de decembro de 2021. O Partido Popular de Trabada anuncia que non descarta recorrer a cesión dos terreos sen urbanizar da Deputación ao Concello, aprobada polo pleno no día de onte, ao incumprirse o convenio que obrigaba ao organismo provincial a dedicalos a solo industrial. Esta decisión débese a que os populares non están de acordo co procedemento da alcaldesa pois, ademais de non informar aos grupos políticos deste trámite, o organismo provincial xa comprara en 2007 uns terreos para esta fin por valor de máis de 1,7 millóns de euros, que nunca foron urbanizados e tampouco se sabe a que se destinaron estes fondos.
Neste senso, o voceiro do Grupo Municipal, José María Fernández, lamenta que a rexedora e deputada socialista, dende que este Partido goberna na institución luguesa, non fose quen de “presionar” aos distintos presidentes e compañeiros políticos para executar esta infraestrutura que deixara encamiñada o Partido Popular antes dos cambios de goberno provincial e local.
“O que nos queda claro é que a Sra. García non lle fixo cumprir o acordo de hai 14 anos aos tres presidentes do PSOE que presidiron a Deputación nos últimos anos. Dende 2007 non se moveu absolutamente nada, a pesares de que dende o PP esiximos en varias ocasións que se lle dese prioridade á construción do polígono”. Tal é así que, remarca Fernández, “esta era un dos nosos compromisos que levábamos no noso programa electoral”.
Negociacións e argumentos sospeitosos
Por todo elo, dende o PP critican tamén o argumento da alcaldesa para xustificar o convenio, baseado en aproveitar os fondos europeos Next Generation. “Estes fondos ben poderían ir para outros servizos e infraestruturas se a Sra. García fixese valer a súa palabra e, sobre todo, a súa condición de alcaldesa, para que a Deputación executase o que estaba previsto en 2007. Moito nos tememos que nin o fixo antes, nin o vai facer agora”, advirte o voceiro popular.
Tal é así que Fernández manifesta: Non entendemos que hai detrás de todo isto. Preguntámonos que negociacións houbo entre a Sra. Mayra e o Sr. Tomé para chegar a este acordo”. Todo apunta, indica, “a que foron negociacións partidistas ou mesmo particulares de cada un deles para seguir ocupando sillas”, conclúe.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



