Lugo, 01 de decembro de 2021. O bigoberno provincial ten acreditada unha singular concepción do sentido da responsabilidade en canto ás áreas nas que a Deputación ten que xogar un papel especialmente relevante. Na máis recente sesión plenaria, de novo se viu esa singularidade en varios dos asuntos a debate, pero quedou ben retratada na negativa de PSOE e BNG a apoiar a proposta do PP en relación coa mellora das estradas provinciais que coinciden con distintos itinerarios da ruta xacobea. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “O Partido Popular de Lugo presentou onte unha moción no pleno da Deputación instando a esta institución a que poña en valor as súas estradas que coinciden con itinerarios do Camiño de Santiago. En total, estes tramos suman máis de 70 quilómetros, que, nalgúns casos, están en mal estado, presentan deficiencias, entre elas de sinalización; moi mellorables”.
Os populares consideran que “é unha intervención necesaria para mellorar a imaxe da propia Deputación de Lugo e a do Camiño de Santiago; son miles de persoas as que pasan polos distintos itinerarios do Camiño, que é unha verdadeira industria do Turismo para a nosa provincia, que axuda a economía de localidades do interior”.
Castiñeira sinala: “Todas as Administracións deben poñer o máximo dentro das súas posibilidades para facer máis atractivo o Camiño. Hai a posibilidade de que a Deputación o faga a cargo de fondos do Estado para promocionar o Xacobeo; debe poñerse mans a obra, xestionar esas subvencións e non deixalas de lado. Os concellos, como o de Palas no que estamos hoxe, estanse implicando en beneficio de todos. A Deputación de Lugo non pode permanecer á marxe”.
O portavoz popular tamén di: “Non nos gustou que no pleno da Deputación PSOE e BNG votaran contra a nosa proposta, deixando esta cuestión única e exclusivamente en mans da Xunta de Galicia; é ilóxico, cada un debe xestionar os seus bens e as estradas provinciais son bens da Deputación de Lugo, que se deben coidar e poñer en valor, máis aínda se coinciden o Camiño de Santiago”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



