Burela, 1 de setembro, 2022. Esta semana o Parador de Lerma, en Burgos, acolle a oitava parada da campaña “Orixe & Destino Galicia”, que este ano celebra a súa cuarta edición da man da O... Ler máis
Este concerto englóbase no marco das festas patronais e coincindo co X aniversario dos cantos de Taberna Mondoñedo, 26 de agosto de 2022.- O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do... Ler máis
O delegado territorial reuniuse hoxe con representantes das asociacións das rutas xacobeas para analizar e estudar os puntos perigosos de confluencia coas estradas autonómicas e avanzar nun... Ler máis
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no I Foro Think Tank Turismo, que ten lugar en Ribadeo por vez primeira coa participación de máis de medio cento de profesiona... Ler máis
A titular de Mar en funcións salienta os atractivos dunha iniciativa que emula a chegada dos restos do apóstolo a terras galegas a bordo da lendaria barca de pedra Sanxenxo (Pontevedra), 10... Ler máis
Ribadeo, 7 de febreiro de 2022. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, mantivo hai uns días un encontro co xerente do Xacobeo, Ildefonso de la Campa Montenegro, ao que lle propuxo realizar u... Ler máis
Lugo, 01 de decembro de 2021. O bigoberno provincial ten acreditada unha singular concepción do sentido da responsabilidade en canto ás áreas nas que a Deputación ten que xogar un papel espe... Ler máis
Vilalba, 17 de novembro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou hoxe a implicación da Cruz Vermella na seguridade do Xacobeo, con iniciativas como a posta en ma... Ler máis
Mondoñedo, 29 de outubro, 2021. Tras un mes de obras de renovación interior, cerramentos e cubrición, co financiamento da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22, o albergue municipal re... Ler máis
Baiona, 16 de agosto de 2021. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta mañá en Baiona Concertos na fin do mundo, u... Ler máis
Mondoñedo, 24 de abril de 2021. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe no II Encontro Xacobeo Peregr... Ler máis
Lugo, 20 de abril de 2021. O Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo... Ler máis
Nota de prensa Roberto Varela asegura que as novas salas do Museo Catedralicio de Mondoñedo servirán para resaltar “os seus valores artísticos, históricos e culturais” O conselleiro de Cultu... Ler máis
Nota de prensa: RAQUEL ARIAS DESTACA QUE A PROVINCIA REXISTROU UNHA SUBIDA DE CASE O 32% NO NÚMERO DE VIAXEIROS CON RESPECTO AO XACOBEO DO 2004 * Os datos relativos ao período xaneiro-outubr... Ler máis
NOTA DE PRENSA: A Comisión de Educación e Cultura tratará a Proposición non de Lei dos deputados José Manuel Balseiro e Emma Álvarez Chao de impulso para que a Xunta de Galicia desenvolva os... Ler máis
NOTA DE PRENSA Os nacionalistas denuncian que A Mariña non existe para o Xacobeo. O BNG esixe ao Goberno Galego fondos para a promoción turística da Mariña. Veiga afirma que Xunta elimina A... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, úrxelle á Xunta que licite canto antes as obras de construcción dun albergue de peregrinos na rúa Trinidade, agora que estamos xa no Xacobeo 2010... Ler máis
LUGO .- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este mércores na inauguración do Foro Xacobeo 2010. Un Balcón a Galicia, celebrado en Santiago e organizado polo Grupo... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela estará presente en todo o mundo a través dos programas e-Xacobeo 2009 e Ano Xacobeo 2010, o que representa, segundo o concelleiro de Turismo, José Gonzál... Ler máis
LUGO .- A Deputación instará á Xunta de Galicia para que, coa máxima urxencia, elabore un plan de actuación en todos aqueles Concellos da provincia polos que discorren os Camiños de Santiago... Ler máis
RIBADEO (FNC) .. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito co anuncio realizado este mediodía polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, das obras que a... Ler máis















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



