O Valadouro, 10 de decembro, 2021. Unha gran produción de danza, música e teatro forma a traballo do que disfrutaremos no Valadouro o vindeiro domingo 12 de decembro de 2021 a partir das 18:00horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e a partir das 13:00h. no pasarrúas que terá lugar polas rúas de Ferreira.
En “Apalpadoriños” damos cita a un formidable elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á máis especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia.
O acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto, o percusionista e cantareiro Xan Pérez e o multiinstrumentista Nelson Quinteiro farán a banda sonora en directo para os espectáculos aos que se suman os bailaríns Iván Villar, Yohel Santos, María Cordeiro, Manu Albariñas, Laura Casas, o actor e clown Iván Davila, a actriz Adela Bértolo e a artista plastica Marta Quinteiro Villar.
Un elenco multidisciplinar, de moitísimo talento e titulación e que de seguro fará as delicias do público infantil
Un dos atractivos fundamentais do espectáculo reside na posta en escena de dous títeres xigantes de tres metros de alto proxectados en co-producción coa Compañía de Títeres Errantes de Burgos, cos que Nelson Quinteiro entrou en contacto no Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura 2017 .
Dúas figuras agarimosas que representar ao mítico carboeiro do Courel e mais á súa dona, a Apalpadora.
Os Apalpadoiros non poderían ter outra banda sonora máis axeitada que a música tradicional e popular galega, polo que ofrecemos un animado combo ao vivo formado por gaita, acordeón, ukelele e percusión en forma de animadas ruadas, pasodobles, muiñeiras e xotas regadas cunha chea de panxoliñas.
Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita e pitos), Xan Pérez (percusión e voces) e Nelson Quinteiro (voz, pandeireta, caixón flamenco e ukelele) fan a banda sonora do espectáculo.
Os “Apalpadoriños” veñen a ser algo así como os tradicionais trasnos domésticos que recolle a tradición oral galega a través dos contos e dos relatos, non se nos ocorre mellor forma de concibilos que a través da danza tradicional e popular galega, dándolle unha volta de parafuso e enriquecéndoa co particular linguaxe dos coreógrafos Iván Villar e Nelson Quinteiro, nun laboratorio de movementos e coreográfico para facer danza escénica galega. O corpo de baile estará formado polos propios Villar e Quinteiro, así como polos bailaríns Yohel Santos, Laura Casás e María Cordeiro, membros habituais dos cabarés de Nelson Quinteiro.
Na súa versión escénica, a montaxe toma formato de espectáculo de variedades para ofrecer unha unha peculiar viaxe pola Galicia imaxinaria, na que dous simpáticos elfos interpretados por Adela Bértolo e Iván Davila serán os presentadores dun magazine emitido dende o Courel con música en directo, cancións, coreografías, entrevistas ou incluso deslocalización a varios puntos da xeografía galega!
Esta actividade chega ao Valadouro da man da concellería de cultura nun intendo de redescubrir e promocionar o Nadal tradicional galego.
A cita no Valadouro, o 12 de decembro de 2021: Os Apalpadoriños

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


