Barreiros, 23 de decembro de 2021. Na mañá de hoxe fíxose pública a restauración dos xigantes e cabezudos do Concello de Barreiros, un proxecto cofinanciado polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial e que foi realizada por Kukas Producións artísticas. Asistiu á presentación o Deputado Provincial, Efrén Castro.
Unha restauración necesaria e cun carácter funcional.
A intervención artística consistiu en reparar as partes máis afectadas, repintar todas as pezas, modificar a estrutura dos xigantes e dotar a todos os cabezudos dunha caixa que vai servir para expoñelos, conservalos e transportados cando sexa necesario. Segundo Daniel García, concelleiro de dinamización “buscouse facer unha restauración coidadosa co pasado e pensando no futuro das pezas, valorando o esforzo que fixeron hai 25 anos veciñas e veciños do concello na súa elaboración.
Nos vindeiros meses faranse actividades relacionadas coa posta en valor destes bens culturais que buscarán achegalos á poboación, cativos e adultos. “Notamos que gran parte da veciñanza descoñece que existen xigantes e cabezudos neste concello e é preciso dotalos dun espazo e de actividades nas que estean presentes”.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



