Burela, 4 de decembro de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela presenta a campaña ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ que contará con diversas actividades para todas as idades.
A iniciativa comezaba onte co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, onde se atopa a tradicional árbore de Nadal da asociación empresarial. A esta actividade séguenlle outras como: o concurso de selfies, o sorteo de dúas viaxes a Disneyland Paris ou o concurso de escaparates.
O concurso de selfies durará o mesmo tempo que a campaña, é dicir, dende o 10 de decembro ata o 5 de xaneiro. Para participar nesta actividade hai que ser maior de idade, ter conta en Instagram ou Facebook, subir unha fotografía nunha das praciñas decoradas con motivos de Nadal que hai na vila, etiquetar a ACIA Burela e poñer o cancelo #praciñasnadalBurela. Os gañadores ou gañadoras serán os que consigan máis me gusta nas redes sociais e serán premiados con 300 euros en vales de compra. As praciñas decoradas a cargo de ACIA Burela serán cinco e levarán os seguintes noves: a de Papá Noel, dos Reis Magos, da Estrela, da Paz e a do Boneco de Neve; en todos estes espazos haberá actuacións musicais. Ademais, Papá Noel e os seus elfos visitarán os establecementos e praciñas da vila durante a iniciativa para animar o Nadal.
O día da lotería, o 22 de decembro, haberá que estar moi atentos ao sorteo porque cada tríptico da actividade ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ ten unha participación de 5 céntimos do número 84803.
Entre a clientela dos comercios locais participantes na campaña ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ sortearanse dúas viaxes para tres persoas a Disneyland Paris. O primeiro sorteo realizarase o 27 de decembro (entre as rifas entregadas ata o día 24) e o segundo o 5 de xaneiro (entre as dadas ata o día anterior).
O concurso de escaparates premiará aos establecementos que mellor decoren os seus negocios. Nesta competición haberá dúas categorías: comercios e hostalería – alimentación. Os premios serán dous por modalidade: un primeiro de 400 euros en vales de compra e un segundo de 250. Para decidir os gañadores ou gañadoras haberá un xurado independente e profesional. Ademais, haberá un premio tamén para o establecemento que consiga máis me gusta nas redes sociais.
Para rematar, haberá o tradicional buzón dos desexos solidarios que este ano, por mor das circunstancias sanitarias, será de xeito online a través do correo electrónico de ACIA Burela (aciaburela@gmail.com), asunto: DESEXO SOLIDARIO NADAL 21-22. O 30 de decembro pecharemos este buzón dos desexo solidario. Entre todas as solicitudes faremos realidade un deles, sempre que poidamos.
Todas estas actividades teñen por obxectivo impulsar e promover as compras durante o Nadal no comercio de proximidade para que, un ano máis, a veciñanza e visitantes volvan confiar as súas mercas nas tendas da vila para así medrar xuntos.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



