Mondoñedo, a 3 de xaneiro de 2022. O Concello de Mondoñedo, sempre atento á promoción dos valores patrimoniais do municipio e das iniciativas dos emprendedores, deu un paso máis neste camiño e chegou a un acordo coa marca SomosOcéano. O obxectivo do acordo é que elementos do patrimonio material, inmaterial e gastronómico do municipio estean representados na súa colección de calcetíns. A idea xorde de emprendedores locais: Álex Teijeiro (Calenda) xunto coa marca SomosOcéano. Dende o Concello destacan a xuventude e creatividade dos emprendedores galegos.
Os calcetíns estarán á venda dende mañá na Oficina de Turismo, a 10 euros, despois de que o Concello aprobara unha taxa, ao amparo da ordenanza que regula a venda de produtos de merchandising.
Dende o goberno local explican que o Concello aproveita cada ocasión que se lle presenta para tentar posicionarse como administración colaboradora; busca colaboracións con iniciativas con talento e innovación, para abrirse oco como territorio dinámico, ilusionante e novo. Neste caso, suman esforzos e sinerxías para promocionarse aproveitando tendencias de moda.
SomosOcéano naceu en 2016, baixo a premisa de ofrecer moda atlántica e sabor do norte en prendas atemporais e sostibles. Materialízase nunha colección de camisetas, suadoiros e calcetíns deseñados en Galicia (entre Vigo e Tui) confeccionados en algodón e algodón orgánico.
Os calcetíns de SomosOcéano están confeccionados en algodón peiteado, que son as fibras máis longas, suaves e resistentes do algodón. Non teñen costura na punta, polo que son moi cómodos; parece que están feitos dunha soa peza. Fabrícanse en máquinas de 200 agullas, o que permite que os debuxos teñan moita definición e un alto grao de detalle.





















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



