Santiago, 18 de xaneiro de 2022. O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España amplíe o programa de apoio ao Xacobeo 21-22 mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023. Así mesmo, solicitará que o Goberno central e Alcoa garantan a reactivación da planta de San Cibrao canto antes, ao tempo que se establece un marco enerxético competitivo para garantir o futuro da produción de aluminio primario.
Ao remate da Xunta de Portavoces, Pedro Puy informou que a sesión plenaria dará comezo coa comparecencia do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a evolución da pandemia da Covid-19 e o seu impacto sobre a atención primaria. “Cumprimos deste xeito o noso compromiso de que o conselleiro compareza no primeiro pleno deste novo período de sesións, tal e como avanzamos na reunión da Deputación Permanente celebrada a pasada semana”, indicou.
INCONGRUENCIAS DOS SOCIALISTAS
Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará a ampliación das desgravacións fiscais para o Xacobeo 21-22 ata o 31 de decembro de 2023, logo de que tanto os socialistas como os demais grupos políticos que apoian ao Goberno de Pedro Sánchez rexeitaran a emenda do Grupo Popular para incorporar esta medida nos orzamentos do Estado para 2022.
Ademais, Puy puxo de manifesto a incongruencia dos socialistas con iniciativas semellantes a esta debatidas con anterioridade no Parlamento galego e no Congreso: absténdose na Comisión 6ª da Cámara galega, pero apoiándoa na Comisión de Facenda do Congreso, pero despois non aceptaron a súa incorporación nos presupostos estatais.
Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que o Goberno de España e Alcoa amosen o seu compromiso claro para garantir a reactivación da planta de San Cibrao, porque “España non pode prescindir dunha industria que se considerou básica durante a pandemia”.
O portavoz popular lembrou que o principal problema das industrias electrointensivas como Alcoa “ten que ver co prezo da luz, que supón un custe adicional para as empresas españolas en comparación coas súas competidoras europeas”. Deste xeito, demandou que tanto o Goberno central como a empresa se impliquen para reactivar as cubas canto antes, adoptando as medidas necesarias para poder contar cun prezo eléctrico competitivo e levar a cabo os investimentos comprometidos para reactivar a única planta de España que produce aluminio primario.
PREGUNTAS AO GOBERNO GALEGO
Polo que respecta ás preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase pola súa valoración do anteproxecto da futura Lei de vivenda estatal, logo de que o Consello Xeral do Poder Xudicial emitira a semana pasada un informe rexeitando esta iniciativa lexislativa por invadir as competencias autonómicas.
Unha segunda pregunta ten como obxectivo coñecer a situación actual do procedemento para as oposicións ao ensino galego e, por último, cuestionarase sobre os catro plans de rescate postos en marcha para mitigar os efectos da Covid-19 no tecido produtivo de Galicia.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



