Lugo, 24 de xaneiro de 2022. En FITUR quedou de manifesto que José Tomé e o seu equipo seguen unha política de turismo totalmente errada e carente da máis mínima estratexia. Á vista da situación, o grupo do PP defenderá na sesión plenaria de mañá unha moción para instar ao goberno provincial a aprobar un plan estratéxico de turismo 2022-2024 con obxectivos, accións e investimentos, e consensuado cos axentes implicados e cos grupos políticos que conforman a corporación provincial. A proposta popular inclúe que o turismo sexa obxectivo prioritario para o destino dos fondos Next Generation que recibirá a Deputación.
O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, sinala: “FITUR 2022 foi a evidencia da deriva das políticas do señor Tomé. Os feitos dan a razón ao PP cando denunciamos que era un gravísimo erro desvincularse do stand de Galicia, máis aínda cando as razóns do propio presidente da Deputación son máis propias de patio de colexio que dun presidente, poñendo como desculpa as ditosas cadeiras que tanto o preocupan dende que goberna”. Explica que “mentres o stand galego era premiado pola organización da feira, o señor Tomé sacaba fotos no stand de España cunha ministra, a de Industria, que é, do Goberno de Sánchez, a que máis leva prexudicado á nosa provincia nos últimos anos”.
Para Castiñeira, “Tomé con este feito separouse do Xacobeo, a gran estrela de FITUR, un dos mellores reclamos turísticos para o ano 2022. Máis aínda cando pola nosa provincia pasan os tres camiños: Francés, Primitivo e Norte e, sen esquecer, que temos o obxectivo de seguir acadando os datos de antes da pandemia e tratar de chegar aos 300.000 peregrinos neste ano xacobeo”. Os populares din que “non podemos permitirnos estes tremendos erros”. Sinala: “O PP, sabedor deste fracaso, presentou unha moción para pedir no próximo pleno un cambio absoluto, un xiro de 180 grados na política de turismo da Deputación”. Ese cambio ten que estar recollido nun plan estratéxico 2022-2024, consensuado cos axentes implicados e cos grupos políticos.
Castiñeira di á responsable de Turismo na Deputación: “Non pode seguir así, señora García Porto. Esperemos que agora non esgrima as desculpas de sempre, de falta de competencias, porque non se entendería a gran cantidade de recursos públicos que están gastando vostede nesta área, destinados basicamente, a propaganda, viaxes e a contratación de diferentes empresas”. Lembra tamén a externalización total da estratexia do turismo, así como que o goberno provincial sigue “nutrindo a Tragsa de contratacións, como o de catamaráns, que leva anos sen pasar por un concurso”.
En síntese, a do goberno provincial é, segundo o PP, “unha política de turismo totalmente fracasada, que precisa un plan novo e unhas relacións co resto de administración moito mellores da que ten a día de hoxe a Deputación de Lugo”. Por iso, Castiñeira indica: “Señora García Porto, xa sabe o camiño que ten que percorrer; se quere contar co PP, sempre nos terá aí, pero na liña de colaboración, na que leva Turismo de Galicia e os galegos que sabemos que hai que aproveitar o Xacobeo para seguir proxectado a nosa provincia por todo o mundo”.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



