Ribadeo, 28 de xaneiro de 2022. Presentacións de libros, teatro, danza, música, actividades do Apego, do Concello cos coles e Cultura nas Parroquias conforman a axenda ata marzo que hoxe presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos.
O edil ribadense explicou que “comezamos coa mención de dúas presentacións de libros na sala que se habilita para este fin no segundo andar da Casa do Viejo Pancho. Hoxe mesmo Pablo Trabadelo (nado na Veiga en 1991) presenta o seu poemario Jaloffein e o vindeiro 11 de febreiro, tamén venres, Roberto Mera trae Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos, arredor dunha figura que xa se vén chamando o Schindler galego”.
Otero Cabarcos contou que “tamén esta fin de semana comeza a programación do Apego, o proxecto de ámbito galego que pula pola transmisión do galego aos nosos nenos e nenas e do que forma parte o noso Concello. Xa están esgotadas as prazas para o primeiro obradoiro, o das instalacións de xogo, que se celebrará mañá, sábado, e que ten como destinatarias as familias e meniños de 1 a 3 anos. Pero o vindeiro sábado, 5 de febreiro, a educadora María Novo falaralles ás familias e aos pequenos acerca dos minimundos, para unhas idades de 3 e 6 anos. As persoas interesadas teñen que apuntarse escribindo ao enderezo cultura@ribadeo.org”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “damos conta tamén dunha exposición, divulgativa e artística ao mesmo tempo, quizais das máis interesantes que temos acollido en Ribadeo ultimamente. Trátase do proxecto do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo chamado A memoria do son, comisariado por Luciano Pérez e que está centrado na reprodución de instrumentos musicais medievais. A maiores, a exposición conta cun audiovisual que recolle imaxes do Pórtico da Gloria e a gravación por parte da Coral Polifónica de Ribadeo da antífona do século XIII, que se converteu no documento máis antigo do noso arquivo municipal. A mostra forma parte tamén do conxunto de actividades, que baixo o lema O Concello cos coles, recibirá a visita de varios grupos do alumnado dos nosos centros de ensino”.
A edil ribadense dixo que “incluímos dentro da proposta cultural dous eventos ligados á conmemoración que a Área do CIM fai do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Trátase da a actuación da rapeira Miss Raisa e o espectáculo teatral Benquerer(se) da compañía Aldaolado”.
E engadiu: “á danza dedicámoslle toda unha fin de semana a través das propostas da compañía Lad Dance Company, da que forma parte o mariñán Iago Alonso. O ciclo está composto pola obra Caos, de danza contemporánea e por Iconic, de danza urbana. A maiores haberá tres obradoiros para o alumnado de danza da nosa Escola Municipal desas dúas disciplinas e a maiores de clásica”.
A axenda cultural ata marzo inclúe varias propostas teatrais: “canto ao teatro que forma parte da programación que se fai en colaboración co Agadic, temos dúas propostas moi interesantes. Por unha banda, o xa clásico-moderno, A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, que ademais da función para público xeral ofrecerá outra a través de O Concello cos coles para case 300 alumnos e alumnas. E pola outra, a meritoria versión que de A lúa vai encuberta fai a compañía A Quinta do Cuadrante, 2º Premio Manuel María de Proxectos Teatrais. No ciclo de Cultura nas parroquias, logo de ter este verán a Celso Sanmartín, recibimos agora outra grande contadora, Paula Carballeira que en dúas fins de semana estará nas parroquias de Ove, Vilaframil, Couxela e Covelas. E poñémoslle o ramo a este feixe de propostas con Ugía Pedreira, que actuará no auditorio municipal o 12 de marzo presentando o seu proxecto Segmento Cantábrico”.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



