A Plataforma Eólicos na Mariña así Non, ten convocada unha asamblea o sábado día 29 de xaneiro ás 20h na Casa da Cultura de Foz. Na reunión informarase das novas respecto aos proxectos de macroparques na Mariña e decidiranse novas accións ao respecto. Así mesmo, haberá información sobre a campaña ‘Salvemos las Reservas de la Biosfer’ que ten en marcha Alianza Energía y Territorio a nivel estatal na que a Plataforma vai participar.
![Reunión da Plataforma 'Eólicos na Mariña, así non' este sábado en Foz](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/01/oie_q1G7E3bwVIAO.jpg)