O luns, 3 de xaneiro, terá lugar en San Cosme de Barreiros unha charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca. En concreto, falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20:00h no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma “Eólicos na Mariña, así non”, organizadora do acto, convida a asistir a tódolos veciños.
Reunión informativa da Plataforma Eólicos na Mariña, Así Non

Reunión informativa da Plataforma Eólicos na Mariña, Así Non
Relacionado
-
Barreiros celebrará o Día de Rosalía cunha roda sobre memoria labrega e o tradicional Caldo de Gloria
-
Barreiros pon en marcha unha APP dirixida ás familias de persoas usuarias do SAF
-
Cabarcos, en Barreiros, celebrará o 15 de febreiro a terceira Festa do Cocido de Porco Celta coa colaboración da Xunta