Lugo, 10 de febreiro de 2022. A Valedora do Pobo vén de remitir á Deputación de Lugo o expediente no que dá resposta ás queixas formuladas polos deputados provinciais do PP Javier Jorge Castiñeira e Oscar Poy ante a denegación do acceso ás naves de Begonte e ao Fogar de Santa María. A Valedora avala en ambos casos a actuación da Deputación, que xa no seu momento estivo fundamentada en informes xurídicos realizados pola Secretaría Xeral da entidade provincial.
No caso das naves de Begonte, o motivo de non permitir o acceso débese ao estado das instalacións, que non permite garantir a seguridade das persoas no seu interior.
No caso do acceso ó Fogar de Santa María, a negativa veu motivada porque os deputados non notificaron a súa intención de facer a visita, nin o motivo da mesma. Hai que lembrar que esta se producía nun momento no que aínda existían condicionantes de acceso relacionados coa normativa vencellada á pandemia.
Estes criterios veñen de ser recoñecidos como correctos polo expediente da Valedora, que estima que con respecto ás naves, a denegación está motivada pola inseguridade do inmoble.
Sobre o acceso ás oficinas de Santa María, o expediente considera que negar a visita non supón limitar o dereito á información, porque os deputados populares sempre puideron acceder a expedientes, planos e documentación relacionada coa reforma. E conclúe que é precisa unha comunicación previa antes de facer a visita, “sen prexuízo do que proceda en termos organizativos polos órganos de goberno competentes”.
A portavoz socialista, Pilar García Porto, mostrouse satisfeita “polo feito de que o expediente da Valedora coincide cos criterios desta Deputación avalados pola Secretaría Xeral. Polo tanto, nin ocultación de información, nin escurantismo, como dicía o PP, senón puro sentido común”. García Porto pediu ao PP que “deixe de andar facendo espectáculo e que traballe pola provincia”. A voceira lamenta que os populares convertesen unha cuestión de procedemento nunha pataleta que non tiña outro obxecto que atacar inxustificadamente ó Presidente e á institución provincial. A Valedora traballa para resolver os problemas reais dos galegos e das galegas, e é unha pena que algúns non o entendan e pretendan levar alí os seus intereses políticos”.


















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



