A Mariña, 12 de febreiro de 2022. O presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do PPdeG, José Manuel Balseiro, pide que se inicie o proceso de revisión “á baixa” da idade de xubilación dos profesionais do mar para adaptala á realidade actual da frota e da actividade marítimo pesqueira.
Balseiro será o encargado de defender unha iniciativa do Grupo Popular na Cámara galega, que se debaterá a próxima semana, na que se demanda ao Goberno de España que actualice os coeficientes redutores para os homes e mulleres que traballan na pesca, no marisqueo ou na acuicultura.
O risco do medio mariño ou costeiro onde se realiza o labor, a cantidade de meses en alta mar ou as dificultades do emprego, xustifican a redución para estes profesionais da idade mínima para acceder a unha pensión.
NORMATIVA OBSOLETA
“A lexislación actual está obsoleta. A regulación inicial do coeficientes no mundo do mar data do ano 1970, e aínda que con posterioridade leváronse a cabo algunhas reformas nos anos 1990, 2004 e 2007, o tempo transcorrido desde esas datas e os cambios substanciais que aconteceron nestas actividades, aconsellan actualizar esta normativa”
Balseiro explica, por exemplo, que se ampliaron os tempos de permanencia no mar froito da evolución dos sistemas de conservación do peixe, ou das normativas máis esixentes de acceso aos caladoiros. Tamén aparecen anacronismos como a referencia aos buques baleeiros ou agravios comparativos polos que dous buques no mesmo caladoiro que pescan coa mesa arte poden ter coeficientes diferentes.
“Creemos que chegou o momento de buscar unha maior equidade nos dereitos de xubilación dos mariñeiros, das redeiras, das mariscadoras, en recoñecemento dunha actividade dura, de especial desgaste, na que os profesionais están sometidos a condicións climatolóxicas adversas e nas que a idade é un factor moi a ter en conta”
MOMENTO IDÓNEO
O deputado popular indica ademais que este é “momento idóneo” para acometer unha actualización da normativa xa que agora xa foi aprobado o Regulamento comunitario que define as características dos distintos buques de pesca. Por iso Balseiro ve conveniente iniciar un proceso de diálogo co sector de cara ao mantemento e mellora dos coeficientes redutores da idade de xubilación ás características da actividade marítimo-pesqueira.
Balseiro tamén lembra que tanto desde a Xunta de Galicia como desde determinadas instancias da administración central (Ministerio de Seguridade Social e Migracións e Instituto Social da Mariña) se ten avanzado a vontade de buscar un encaixe ao colectivo de traballadores do mar na reforma que busca que os autónomos coticen por ingresos e, que este ano 2022 estaba previsto revisar o modelo polo que se determinan as profesións especialmente duras ou de risco.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



