Barreiros, 15 de febreiro 2022. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de obras, Antonio Veiga, visitaron esta mañá as obras de asfaltado das últimas vías municipais que se están a realizar con cargo aos distintos plans do ano 2021. Nesa anualidade o investimento en arranxos de vías municipais superou os 215.000 euros, que se suman aos máis de 700.000 euros investidos desde o inicio do mandato actual.
“Somos conscientes das necesidades dunha rede viaria tan extensa coma a de Barreiros que require de atención continuada e de planificación de investimentos para evitar un deterioro como o que se atopaba no ano 2019”, explica Antonio Veiga.
Neste sentido, o Concello de Barreiros prevé executar no 2022 máis de 350.000 euros en investimentos na rede viaria municipal para mantela en estado óptimo e para garantir o acceso en condicións aos núcleos de poboación e vivendas.
Ata este momento intervíuse en viais na totalidade das parroquias do concello, tanto do interior coma da costa, con limpeza de cunetas dos mesmos, actuando nuns casos sobre o firme con doble tratamento superficial, recargo de grava e gravillón, corrección das deformacións existentes e aplicación de ligante ECR3 (rego asfáltico) e noutros casos con capa de mezcla asfáltica en quente de 5 cm de espesor (aglomerado).
A alcaldesa destacou que nestes tres anos de execución de orzamentos do novo goberno municipal, o investimento total en vías no municipio superará o millón de euros, sendo posible en moitas ocasións grazas á colaboración doutras administracións, como a Deputación de Lugo que mediante o plan único permite planificar estes traballos mediante cantidades fixas que se destinan a cada municipio.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



